{"product_id":"a-chuvia-sobre-o-mar","title":"A CHUVIA SOBRE O MAR","description":"\u003cp\u003eNa aldea costeira de Carnoelle, onde non rexe o tempo dos reloxos, dous xoves amantes, Amaro Mariño e Luscinda, van procurar refuxio no casal do vello tío Nicolás Mariño, acubillado alí na memoria e nas reliquias de días pasados. Son tres voces, tres personaxes con perfís ben diferentes, mais unidos na arela dunha vida suspendida e conformada pola música ou a literatura. Mais estamos en 1936, e a situación real da xente traballadora, coma Andrés, o mozo comunista, e as tensións políticas e de clase, xunta as ameazas do fascismo, bulen incómodas baixo o pretendido paraíso.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eA guerra, en principio un rumor distante, vai crebar con violencia esas ilusións e obrigará cada personaxe a enfrontarse ao que realmente é.\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eA chuvia sobre o mar\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003enon é unha crónica bélica, nin un recordatorio máis da represión e das súas circunstancias, senón unha indagación moral sobre a covardía, a supervivencia e o prezo de manterse con vida nun mundo que se derruba. Aquel mundo que ben puidera ser o noso, en que asistimos á emerxencia ameazadora de forzas semellantes. A imposible neutralidade esvaece e a propia alma convértese en última moeda de cambio.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eCunha prosa lírica e hipnótica,\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cstrong\u003eLuís Caparrós Esperante\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003c\/strong\u003econstrúe unha novela onde memoria e ficción, verso e relato, se entrelazan para revelar a fraxilidade dos ideais e a indiferenza da natureza fronte á traxedia humana, tan inútil e fermosa como a choiva a caer sobre o mar.\u003c\/p\u003e\n\u003cdiv id=\"idatder\"\u003e\n\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eLuís Caparrós Esperante\u003c\/strong\u003e (A Coruña, 1952), foi profesor de literatura española na Universidade da Coruña até o seu retiro, hai tres anos. Nesta universidade ocupou tamén o cargo de vicerreitor entre 2008 e 2012. Antes, e durante dezaoito anos, foi profesor da mesma materia na Universidade de Valladolid. É autor de libros, edicións e artigos académicos sobre teatro do XVI e XVII e, sobre todo, de lírica contemporánea, especialmente do XIX e XX. Editou, por exemplo, a poesía completa de Nicomedes Pastor Díaz para a Universidade de Alicante e ten varios traballos sobre Rosalía de Castro. No século pasado foi un dos membros do Grupo do Castro, pioneiro no desenvolvemento do cómic en lingua galega e medio de acción antifranquista, xunto a Chichi Campos e os irmáns Xosé e Rosendo Díaz. Xa en Valladolid, os seus primeiros poemas mereceron un monográfico da revista\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eLos Infolios\u003c\/em\u003e, dirixida por Miguel Casado.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eNon se lle coñece outra obra poética publicada até hoxe.\u003c\/p\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cp\u003e\u003cspan\u003e_____\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEditorial: Laiovento 03-2026\u003cbr\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 226\u003cbr\u003eNARRATIVA\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e","brand":"Luís Caparrós Esperante","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":52590844084571,"sku":"9788484877639","price":17.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/i1361_1341.jpg?v=1773495513","url":"https:\/\/libreriaabrente.es\/gl\/products\/a-chuvia-sobre-o-mar","provider":"Librería Abrente","version":"1.0","type":"link"}