{"title":"UNIVERSO CANTIGAS.","description":"\u003cp\u003e\u003cstrong\u003e\u003cem\u003eEDICIÓN CRÍTICA DA POESÍA MEDIEVAL GALEGO-PORTUGUESA.\u003c\/em\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/strong\u003e\u003cstrong\u003e\u003c\/strong\u003e\u003cspan\u003eA denominación convencional de poesía trobadoresca galego-portuguesa designa unha manifestación cultural que se desenvolveu ao longo de século e medio, desde o último terzo do século XII até mediados do século XIV, nos reinos occidentais peninsulares. Trátase dun fenómeno cultural que xorde e se desenvolve fundamentalmente en ámbitos señoriais e aristocráticos como divertimento desa elite social.\u003cbr\u003e\u003c\/span\u003eO proxecto Universo Cantigas ten como obxectivo realizar a edición crítica dixital dos textos da lírica profana galego-portuguesa, continuando o traballo iniciado co Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa (2010-2015, agora xa integrado en UC). \u003cbr\u003eUniverso Cantigas concíbese como unha empresa global que, progresivamente, colocará ao dispor do público, alén da edición crítica da poesía medieval galego-portuguesa, todos os elementos pertinentes para o seu estudo.\u003cbr\u003e\u003cstrong\u003eA poesía profana.  \u003c\/strong\u003e\u003cstrong\u003eXéneros\u003c\/strong\u003e\u003cbr\u003e\u003cstrong\u003eAs\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003ecantigas de amor.\u003cbr\u003eAs\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003ecantigas de amigo.\u003cbr\u003eAs\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003ecantigas de escarnio e maldizer.\u003cbr\u003e\u003c\/em\u003e\u003c\/strong\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e \u003c\/p\u003e","products":[{"product_id":"universo-cantigas-01-amor-copia","title":"UNIVERSO CANTIGAS 01. AMOR","description":"\u003cdiv\u003e\u003cstrong\u003e704 cantigas de amor galego-portuguesas.\u003c\/strong\u003e\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv\u003e\u003cspan\u003ePrimeiro volume da serie Universo Cantigas, que recolle a edición das 704 cantigas de amor galego-portuguesas transmitidas polos cancioneiros medievais. O texto (crítico) de cada cantiga vai acompañado dunha paráfrase en galego actual, para alén da indicación das fontes manuscritas, das edicións anteriores existentes e dun QR que liga cada poema á edición completa en Universo Cantigas..\u003c\/span\u003e\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv\u003e\n\u003cspan\u003e\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv\u003e\u003cspan\u003eA obra é froito dun intenso labor de investigación filolóxica iniciado en 2010, que ten por obxectivo fixar un texto crítico das 1680 cantigas galego-portuguesas que se conservan na actualidade. \u003c\/span\u003e\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv\u003e\n\u003cp\u003eEste traballo foi levado a cabo polos docentes da UDC e investigadores do Grupo ILLA (Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega) Manuel Ferreiro Fernández e Leticia Eirín García, así como por Mariña Arbor Aldea, da Universidade de Santiago de Compostela; e Bieito Arias Freixedo, da Universidade de Vigo; baixo a coordinación de Ferreiro, e recolle por vez primeira a edición crítica das 704 cantigas de amor transmitidas polos principais cancioneiros medievais: o da Ajuda, o da Biblioteca Nacional e o da Vaticana.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eAs\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003ecantigas de amor\u003c\/em\u003e\u003c\/strong\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan\u003eAs \u003c\/span\u003e\u003cem\u003ecantigas de amor\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e constitúen unha modalidade poética da escola galego-portuguesa que se encadra no que a crítica denomina \u003c\/span\u003e\u003cspan class=\"referenciaTermino\"\u003e‘canto cortés’\u003c\/span\u003e\u003cspan\u003e. Xurdido en e para o ámbito aristocrático, o canto cortés vertébrase en torno ao que se coñece como a metáfora feudal, consistente na interpretación da relación amorosa como un trasunto do vínculo recíproco que se estabelecía entre un vasalo e o seu señor feudal. Esta modalidade poética da canción cortés xurdiu e triunfou inicialmente nas cortes señoriais da Occitania nos inicios do século XII, e, con posterioridade, noutras cortes europeas de Francia, Alemaña, Italia e da Península Ibérica, onde había xermolos poéticos autóctonos sobre os que se afianzaría esta nova poética.\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan\u003eTalvez o trazo máis definitorio das \u003c\/span\u003e\u003cem\u003ecantigas de amor\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e é o feito de o sentimento vehiculado non ser recíproco: ao contrario do señor que se comprometía a amparar o vasalo e a corresponderlle (\u003c\/span\u003e\u003cem\u003efazer ben\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e) polo servizo prestado, a dama pretendida de amores, a \u003c\/span\u003e\u003cem\u003esenhor,\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e non \u003c\/span\u003e\u003cem\u003efaz ben\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e ao poeta namorado que a \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eserve,\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e non lle corresponde, non o acepta como seu vasalo. Isto é causa dun inmenso sufrimento (\u003c\/span\u003e\u003cem\u003ecoita\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e) que o levará sen remisión á morte –finxida, poética–, en evidente contraste co gozo da poesía occitana (\u003c\/span\u003e\u003cem\u003ejoi\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e), en que a correspondencia amorosa por parte da dama era unha variante relativamente frecuente. Trátase, ademais, dun amor a primeira vista, que entra polos ollos desde o intre en que se contempla a fermosura da muller, seguindo o \u003c\/span\u003e\u003cem\u003etopos\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e clásico ovidiano moi difundido a través de Andrea Capellanus e do seu \u003c\/span\u003e\u003cem\u003eDe amore,\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003eque constitúe o ‘tratado’ por excelencia desta poesía amorosa. Ver = amar = sufrir\/morrer: velaí o esquema máis básico que é común á inmensa maioría das \u003c\/span\u003e\u003cem\u003ecantigas de amor,\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003e que tratan en diferentes combinacións, doses e distribucións, unha serie de temas xerais de uso obrigado e sempre desde unha perspectiva hiperbólica que os magnifica: trátase dun amor forzado derivado da primeira visión dunha muller de fermosura inefábel; un amor imposíbel non correspondido, gardado en segredo mesmo á propia dama que o desencadea, que xunto co afastamento e a imposibilidade de ver a amada e de lle poder falar é causa dun inmenso sufrimento, a coita, que culmina na morte. O paradoxo, concretamente a idea do ben como orixe do mal, é outra das figuras recorrentes nas cantigas de amor.\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan\u003eA poética medieval, e en particular a das \u003c\/span\u003e\u003cem\u003ecantigas de amor,\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003c\/em\u003e\u003cspan\u003edesenvólvese en dous sentidos. Ao usar os temas e motivos obrigados pola tradición, todos os trobadores contribúen para o fortalecemento do paradigma, de xeito que pode afirmarse que as máis de seis centenas de cantigas de amor constitúen un macrotexto elaborado entre todos os autores que cultivaron este xénero e disto resulta un isomorfismo xenérico (Tavani 1986: 96-104) que, nunha lectura superficial, podería dar lugar a unha percepción de monotonía.\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan\u003eMais, por outra parte, a orixinalidade e a individualidade poética procurábase en maior ou menor medida tratando con variacións e modulacións de matiz os temas obrigados pola tradición (Zumthor 1972: 79-82). O trobador pontevedrés Paai Gomez Charinho, por fornecer un exemplo, trata de forma personalísima o motivo obrigado da coita de amor ao estabelecer unha comparación entre esta e os sufrimentos causados polo mar, a coita do mar que el coñecía pola súa condición de \u003c\/span\u003e\u003cspan class=\"referenciaTermino\"\u003ealmirante\u003cbr\u003e\u003cstrong\u003e\u003c\/strong\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cspan class=\"referenciaTermino\"\u003e\u003cstrong\u003eA poesía profana. \u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003c\/strong\u003e\u003cstrong\u003eXéneros\u003c\/strong\u003e\u003cbr\u003e\u003cstrong\u003eAs\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cem\u003ecantigas de amor.\u003cbr\u003eAs\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003ecantigas de amigo.\u003cbr\u003eAs\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003ecantigas de escarnio e maldizer.\u003c\/em\u003e\u003c\/strong\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cp\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e____\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003eEditorial: UN. da Coruña 04- 2025\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 911\u003cbr\u003eCANTIGAS MEDIEVAIS\u003cbr\u003eMÚSICA\u003cbr\u003eMÚSICA POPULAR\u003cbr\u003ePOESÍA\u003cbr\u003eCANTIGAS DE AMOR \u003cbr\u003eGALEGO-PORTUGUESAS\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e","brand":"MARIÑA ARBOR ALDEA;BIEITO ARIAS FREIXEDO; LETICIA EIRÍN","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":50476521324891,"sku":"9788497498920","price":48.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/978849749892.jpg?v=1745431155"},{"product_id":"universo-cantigas-02-amigo","title":"UNIVERSO CANTIGAS 02. AMIGO","description":"\u003cdiv\u003e\n\u003cspan\u003eSegundo volume da serie Universo Cantigas, que recolle a edición das \u003cstrong\u003e 501 cantigas de amigo galego-portuguesas\u003c\/strong\u003e transmitidas polos cancioneiros medievais. \u003cbr\u003eO texto (crítico) de cada cantiga vai acompañado dunha paráfrase en galego actual, para alén da indicación das fontes manuscritas, das edicións anteriores existentes e dun QR que liga cada poema á edición completa en Universo Cantigas.\u003cbr\u003e\u003c\/span\u003e\u003cspan\u003e\u003c\/span\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv\u003e\n\u003cspan\u003e\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv\u003e\u003cspan\u003e\u003cstrong\u003eAs \u003cem\u003ecantigas de amigo\u003c\/em\u003e\u003c\/strong\u003e\u003cbr\u003eAs temáticas xerais das \u003cem\u003e\u003cspan class=\"referenciaTermino\"\u003ecantigas de amigo\u003c\/span\u003e\u003c\/em\u003e céntranse no amor (correspondido, mais non sempre), nos obstáculos a ese amor (a separación, a prohibición), nos múltiplos sentimentos derivados dunha cita amorosa acordada, xa gozada ou frustrada: a ledicia e expectativa orixinadas pola próxima vinda do namorado; a dúbida, o temor ou a ira ante a súa demora ou incomparecencia; a ledicia do encontro; os ciúmes; a infidelidade temida; o medo á ruptura; mais tamén o desexo erótico e a consciencia feminina da propia sensualidade.\u003cbr\u003eA crítica adoita distinguir dúas modalidades de\u003cem\u003e cantigas de amigo\u003c\/em\u003e. Por un lado, as de estilo cortés, protagonizadas por unha muller que sofre \u003cem\u003ecoita\u003c\/em\u003e de amor, constitúen o “reverso do espello das cantigas de amor” (Tavani 1986: 139) por trataren temáticas e utilizaren estilemas propios daquel xénero. Por outra banda, as \u003cem\u003ecantigas de amigo\u003c\/em\u003e de estilo popularizante serían mostra dunha poesía áulica pretrobadoresca, e caracterízanse polo emprego de estruturas estróficas con paralelismo literal, vinculado ao procedemento do \u003cem\u003eleixa-pren\u003c\/em\u003e para encadear os motivos e as estrofas, así como pola reelaboración culta dalgúns tópicos extraídos da tradición oral popular.\u003cbr\u003eNalgunhas destas cantigas rexístrase o uso dun simbolismo de hermenéutica complexa baseado sobre todo en certos elementos da natureza (a fonte, o cervo etc.), cuxa connotación simbólica asociada á potencia fecundadora e xeradora de vida se remonta a tempos prehistóricos da humanidade. Terían que pasar séculos para que a Igrexa conseguise erradicar esta vivencia panteísta e pagá da natureza, moi viva na cultura popular medieval. Na maior parte dos casos conseguiu apenas cristianizar os ritos e os lugares dos cultos pagáns. Isto reflíctese nunha modalidade específica de \u003cem\u003ecantigas de amigo,\u003c\/em\u003e as chamadas \u003cem\u003ecantigas de romaría \u003c\/em\u003eou \u003cem\u003ecantigas de santuario, \u003c\/em\u003een que a peregrinación non é máis que unha escusa para unha cita amorosa e que probabelmente tivesen unha función propagandística dos propios santuarios citados expresamente nos textos. Clara mostra disto son algunhas cantigas dos xograres da ría de Vigo: a coñecida cantiga \u003cem\u003eSedia-m’eu na ermida de San Simion\u003c\/em\u003e de Meendinho, as cantigas \u003cem\u003eEno sagrado, en Vigo \u003c\/em\u003ee \u003cem\u003eMia irmana fremosa, treides comigo\u003c\/em\u003e de Martin Codax, ou as cantigas de Joan de Cangas onde se identifica explicitamente o santuario como o lugar idóneo para que os dous namorados poidan \u003cem\u003eaver lezer.\u003c\/em\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv\u003e\u003cspan\u003e\u003cstrong\u003eA poesía profana.  \u003c\/strong\u003e\u003cstrong\u003eXéneros\u003c\/strong\u003e\u003cbr\u003e\u003cstrong\u003eAs \u003cem\u003ecantigas de amor.\u003cbr\u003eAs cantigas de amigo.\u003cbr\u003eAs cantigas de escarnio e maldizer.\u003c\/em\u003e\u003c\/strong\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv\u003e\u003cspan\u003e\u003cbr\u003e_____\u003c\/span\u003e\u003c\/div\u003e\n\u003cp\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003eEditorial: UN. da Coruña 03- 2026\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 570\u003cbr\u003eCANTIGAS MEDIEVAIS\u003cbr\u003eMÚSICA\u003cbr\u003eMÚSICA POPULAR\u003cbr\u003ePOESÍA\u003cbr\u003eCANTIGAS DE AMIGO \u003cbr\u003eGALEGO-PORTUGUESAS\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e","brand":"MANUEL FERREIRO;MARIÑA ARBOR;BIEITO ARIAS;LETICIA EIRÍN","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":52553761030491,"sku":"9788497499101","price":38.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/978849749910.jpg?v=1773167553"}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/collections\/circ.png?v=1773169079","url":"https:\/\/libreriaabrente.es\/gl\/collections\/universo-cantigas.oembed","provider":"Librería Abrente","version":"1.0","type":"link"}