Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O PAÍS DO PORVIR

€13,00
ISBN 9788491514589
Vivimos moitos anos encerrados no mito do "atraso".
Pero Galicia, con esforzo e sacrificios, modernizouse. Explotando as posibilidades que ofrecía o mercado español, comunitario e mundial.


Avanzando tamén grazas ás alavancas dun Estado, democrático e descentralizado, que foi progresivamente coidando dos seus habitantes e practicando a solidariedade, interpersoal e interrexional. Temos unha poboación formada, con empresas que traballan en mercados esixentes, co seguro que representa estamos integrados nun marco español e comunitario que favorece o proceso. E, sobre todo, cun autogoberno poderoso que, por máis que hoxe amose síntomas de crise, deberá pasar dunha adolescencia de crecemento fácil a unha madureza de responsabilidade e eficiencia. O futuro depende de nós. Economista, concelleiro, parlamentario e escritor, Xoaquín Fernández Leiceaga (Noia, 1961) propón neste libro cambiar a maneira de mirar o futuro, sen o peso do pasado mais si apoiándose nel para sortear as barreiras e superar os obstáculos. Empregando con sabedoría e afouteza os instrumentos que o país ten. Ese debe ser o país por vir. O país do porvir.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego