Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

AXENDA 2018. MAPA DAS ESTRELAS, PLANETAS E DEMAIS CORPOS CELESTES...

€17,50
ISBN WP7577
Un ano máis, as Irmás Cartoné queremos acompañarvos no voso día a día, iluminando cun chisquiño de literatura os vosos labores cotiáns e, desta volta, dun xeito estelar. E é que nesta ocasión decidimos abordar o ano desde o alto, achegándonos aos astros.

E para que non fose só o contido o que brillase, senón tamén o continente, introducimos varias melloras que,sen dúbida, farán que esta axenda sexa realmente estelar: por un lado a impresión offset, que fai que as máis de cincuenta ilustracións que acompañan os textos gañen en calidade e profundidade e, por outro, a encadernación cosida, que mellora notablemente o uso da axenda, permitindo que se abra con maior facilidade e resista mellor o paso do tempo.

____

Editorial: Irmás Cartoné