{"title":"Novela Xeral","description":"","products":[{"product_id":"o-axolote-e-outros-contos-de-bestas-e-auga","title":"O AXOLOTE E OUTROS CONTOS DE BESTAS E AUGA","description":"PREMIO ILLA NOVA DE NARRATIVA 2020\n\nNestes relatos atoparás unha ducia de historias lostregantes que teñen como elemento común o sobrenatural. Contos que combinan o desacougo co humor, o improbable co imposible, o humano e mais o natural, todo superposto e fundido nunha colección de historias de prodixios e arrepíos.\n\nA auga e os animais –tamén outras bestas– cobran protagonismo nestas páxinas. A autora logra dosificar a intriga e mostra un dominio da tensión para crear atmosferas envolventes e inquietantes. Cunha prosa suxerente e de grande altura estética, introdúcenos noutras épocas e latitudes con mestría e logra conmovernos en cada relato.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Galaxia\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"LARA DOPAZO RUIBAL","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32643990257712,"sku":"9788491515722","price":14.7,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/o-axolote.jpg?v=1611228244"},{"product_id":"o-parroco-de-vejlby-copia","title":"A VIDA NA FUNDICIÓN","description":"O \u003cem\u003enoir\u003c\/em\u003e nórdico comezou a fraguar coas primeiras historias criminais escandinavas das décadas de 1820 e 1830. En concreto, con tres textos de ficción: esta \u003cem\u003enouvelle\u003c\/em\u003e ideada por Blicher (1829), \u003cem\u003eSkällnora kvarn\u003c\/em\u003e (1838) do sueco Carl Jonas Love Almqvist e \u003cem\u003eMordet paa maskinbygger Roolfsen\u003c\/em\u003e (1839) do noruegués Mauritz Hansen. No caso específico de \u003cem\u003eO párroco de Vejlby\u003c\/em\u003e, tal é a súa importancia que foi seleccionada en 2006 como unha das doce obras que configuran o canon da literatura dinamarquesa.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eEste opúsculo traslada á ficción un caso criminal real acontecido en 1625. Á hora de reformulalo, o autor quixo dividilo en dúas partes diferenciadas: na primeira plasmou os fragmentos do diario de Erik Sørensen, o maxistrado encargado de xulgar a Søren Qvist, párroco acusado de asasinar o mozo Niels Bruus; na segunda, máis breve e posterior no tempo, optou por fiar o relato coas notas do señor Jens, párroco de Ålsø. Conxuntamente co xiro do final, tan xenuíno marco supón un dos puntos clave da obra, na medida na que evidencia o talento do autor para, por unha banda, facer unha exposición de caso e, pola outra, abrir a historia a interpretacións varias, sempre consonte as versións das testemuñas e dos implicados. Así pois, en certo sentido, bríndaselle ao lector a posibilidade de se erixir en xuíz e mesmo de confrontar os fundamentos do dereito e da xustiza.\n\n \n\n \n\n \n\n \u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Hugin e Munin\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Rebecca Harding Davis","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32643992780848,"sku":"9788412128079","price":12.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/A-vida-na-fundici_C3_B3n.png?v=1611228322"},{"product_id":"e-agora-que-homino","title":"E AGORA QUE, HOMIÑO?","description":"\u003cdiv id=\"u4136-9\" data-muse-uid=\"U4136\" data-muse-type=\"txt_frame\" data-ibe-flags=\"txtStyleSrc\"\u003e\n\u003cdiv id=\"u8157-9\" class=\"clearfix grpelem\" data-muse-uid=\"U8157\" data-muse-type=\"txt_frame\" data-ibe-flags=\"txtStyleSrc\"\u003e\n\u003cp id=\"u21871-2\"\u003eJohannes Pinneberg é un ninguén de ningures, un simple empregado de comercio que acaba de casar e trata de abrirse camiño nun mundo cuxa hostilidade vai medrando a un ritmo que o noso malpocado protagonista apenas é quen de seguir.\u003c\/p\u003e\n\u003cp id=\"u21871-7\"\u003eEscrita en 1932, xusto antes de que os nazis accedesen ao poder, \u003cspan id=\"u21871-5\"\u003eE agora que, homiño?\u003c\/span\u003e ofrécenos un vívido retrato da realidade social da Alemaña previa á guerra, e posúe a extraordinaria virtude de captar con precisión un momento moi particular da Historia e de como a viviron no seu momento as xentes de a pé.\u003c\/p\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cbr\u003e\u003cbr\u003ePara el e para todos os pequenos comerciantes do barrio, os modernos grandes almacéns fundados por Octave Mouret. Será neles, e non na tenda familiar, onde Denise comece a gañar a vida en París e desde onde verá as profundas mudanzas que provocarán en toda a cidade.\n\u003cdiv id=\"u8166-8\" class=\"clearfix grpelem\" data-muse-uid=\"U8166\" data-muse-type=\"txt_frame\" data-ibe-flags=\"txtStyleSrc\"\u003eÉmile Zola (París, 1840 - 1902) é deses poucos autores na historia da literatura dos que se pode dicir que creou todo un movemento. Mais antes de converterse nun dos autores máis coñecidos, publicados e traducidos da literatura francesa, o pai do naturalismo foi primeiro un estudante de bacharelato fracasado e libreiro e xornalista despois. En 1868 concibe o proxecto \u003cspan id=\"u8166-2\"\u003eRougon-Macquart,\u003c\/span\u003e unha colosal obra en vinte volumes coa que pretende retratar como nun fresco a sociedade francesa na súa totalidade, a través dunha saga familiar. É nesta gran obra coral na que se encadra \u003cspan id=\"u8166-4\"\u003eO Gozo das Damas, \u003c\/span\u003e\u003cspan id=\"u8166-5\"\u003eundécimo volume da serie.\u003c\/span\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cbr\u003e\n\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e\nEditorial: Irmás Cartone\u003cbr\u003eIdioma: Galego","brand":"Hans Fallada","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32643993075760,"sku":"9788494842191","price":21.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/E-agora-que-homi_C3_B1o-gif.gif?v=1611228324"},{"product_id":"xa-vai-o-griffon-no-vento","title":"XA VAI O GRIFFON NO VENTO","description":"\u003cdiv\u003e\u003cstrong\u003eEDICIÓN COMEMORATIVA DO XXXV ANIVERSARIO DA PUBLICACIÓN\u003c\/strong\u003e\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv\u003eDurante o reinado de Filipe II de Habsburgo, na década do 1580, chega a Compostela o novo Inquisidor, coa misión de rematar co contrabando de libros prohibidos.\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv\u003eNa década do 1980, un escritor en crise dá clases de Literatura en Aix-en-Provence, Francia, buscando algunha idea para unha nova novela.\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv\u003eAmbas historias, aparentemente distantes, van coincidir a través da figura mítica e esquiva do Griffon, unha criatura con capacidade de vivir no tempo e no espazo que queira.\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv\u003eUn dos grandes clásicos da literatura contemporánea na edición definitiva. A volta ás librarías dunha novela imprescindible.\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv\u003eA obra máis premiada de Alfredo Conde. Unha delicia para amantes da alta literatura.\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv\u003e\u003c\/div\u003e\n \n\n \n\n \u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cdiv class=\"texto_01\"\u003e\n\u003cdiv class=\"description\"\u003e\n\u003cdiv class=\"parameters-container\"\u003e\n\u003cdiv class=\"container-fluid\"\u003e\n\u003cdiv class=\"row\"\u003e\n\u003cdiv class=\"parameter col-sm-5\"\u003e\n\u003cdiv class=\"page\" title=\"Page 1\"\u003e\n\u003cdiv class=\"section\"\u003e\n\u003cdiv class=\"layoutArea\"\u003e\n\u003cdiv class=\"column\"\u003e\n\u003carticle class=\"product-details-article\"\u003e\u003c\/article\u003e\n\u003cdiv class=\"add-to-cart-row\"\u003e\n\u003cdiv class=\"compare-wishlist-row ml--20\"\u003e\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003ch4\u003e\u003c\/h4\u003e\n \n\n\u003c\/div\u003e\n\u003ch3 class=\"linea_01 encabezado_03 margen_50\"\u003e\u003c\/h3\u003e\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Aira\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Alfredo Conde","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32643993927728,"sku":"9788412263138","price":19.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/Xa-vai-o-Griffon-no-vento.jpg?v=1611228344"},{"product_id":"entre-donas","title":"ENTRE DONAS","description":"Temos nesta obra dez relatos doutras tantas escritoras galegas actuais, diversas en estilo narrativo, experiencias, recoñecemento e noutros moitos aspectos vitais, pero que coinciden en tomar a palabra e falar con voz propia, colocando as mulleres no centro da historia.\n\n \u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cdiv class=\"postcontent nobottommargin clearfix col_last\"\u003e\n\nEn palabras recollidas do Epílogo de Ana Luisa Bouza:\n\n“Non hai que confundir a realidade co desexo dos homes”, recoméndanos un dos relatos desta obra colectiva. Non hai que confundir a literatura coa ollada masculina. A simple acción de escribir, de pasar de lectora a autora, de decorado a protagonista, cambia a literatura porque cambia o punto de vista. Mais este cambio faise radical cando a escrita é feminista. Se ollamos alén da aparente banalidade da escrita de ficción, podémonos facer unha idea da importancia do “relato dos relatos” na socialización, na construción, destrución e cambio de estereotipos de toda caste, incluídos os de xénero.\n\n\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv class=\"sidebar nobottommargin clearfix\"\u003e\n\u003cdiv class=\"sidebar-widgets-wrap\"\u003e\n\u003cdiv id=\"shortcodes\" class=\"widget widget_links clearfix\"\u003e\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Baía\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"VV.AA","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644012900400,"sku":"9788499953427","price":13.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/42_entredonas_1_1.jpg?v=1611243658"},{"product_id":"lara-e-sabela","title":"LARA E SABELA","description":"Sabela, propietaria dunha galería de arte, desfruta facendo de modelo para Lara, unha das súas artistas. Namorada dela, sabe que as circunstancias da fermosa pintora, viúva recente, non facilitan as súas actividades sedutoras.\n\u003cp class=\"encabezado_02\"\u003eXXVI Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta\u003c\/p\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cdiv class=\"texto_01\"\u003eSabela traballa atendendo os artistas da súa peculiar galería e ofrécelle á súa amiga todo o seu apoio. Xuntas lerán a inquietante misiva póstuma de Valentín, o home de Lara, e recibirán, copadas, o encargo de acoller a Ariel. Aínda que Lara trata de adiar o momento de enfrontarse á existencia incómoda de Ariel, visitarán un avogado que lles facilitará o camiño para abordar o problema. Mentres tanto, consciente da falta de cartos, na cabeza da pintora vai tomando forma a idea de saír das dificultades económicas dun xeito creativo, ilegal e arriscado.Ignacio Vidal Portabales indaga nesta obra, gañadora do Premio Manuel Lueiro Rey, na temática do amor feminino con humor, delicadeza e fortuna.\u003c\/div\u003e\n\u003ch3 class=\"linea_01 encabezado_03 margen_50\"\u003e\u003c\/h3\u003e\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Xerais\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Ignacio Vidal Portabales","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644021289008,"sku":"9788491217459","price":17.3,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/Lara-e-Sabela.jpg?v=1611228845"},{"product_id":"fahrenheit-451-2","title":"FAHRENHEIT 451","description":"Fahrenheit 451 é a temperatura á cal un libro prende lume e arde. Os libros están prohibidos e Guy Montag, bombeiro, pertence ao Departamento do Lume, que persegue os disidentes que se atreven a ler.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eO seu traballo consiste en queimar libros, que son fonte de discordia e infelicidade. Pero Montag séntese desgraciado: o seu matrimonio está en crise. Acaso hai libros agochados na súa casa? Fahrenheit 451 é un clásico da literatura do século XX, unha distopía nun tempo en que os libros están prohibidos e un grupo secreto de activistas da lectura os memoriza e loita por transmitir o coñecemento de boca en boca.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Xerais\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Ray Bradbury","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644088987696,"sku":"9788491216483","price":13.8,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/Fahrenheit-451_e0f4cb22-aaff-4c4f-af63-e4ddc04158ca.jpg?v=1611229894"},{"product_id":"a-perla","title":"A PERLA","description":" \n\nConta a historia de Kino, un indio do golfo de México que atopa unha perla dun valor incalculable coa que espera poder mellorar a vida da súa familia. A pesar das ilusións que o achado suscita, Kino descubrirá que a nova riqueza só o leva ó encontro da corrupción do mundo civilizado.\n\nUn clásico que mestura o lirismo característico de Steinbeck coa solidariedade polos desfavorecidos pola fortuna.\n\nSon lexión os lectores e lectoras do mundo enteiro que recoñecen unha débeda fundamental con John Steinbeck por obras inmorrentes, en boa medida popularizadas dun xeito global polo cinema, como 'As uvas da ira' ou 'Ao leste do Edén', esta última protagonizada polo inesquecible James Dean.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eA perla é unha novela en lingua inglesa de John Steinbeck, publicada en 1947 por The Viking Press co título de The Pearl. Foi traducida ao galego por Benigno Fernández Salgado, e publicado en 1990 pola Editorial Galaxia con ilustracións de Teresa Cámara.\n\nEste libro, que se publicou por primeira vez en 1948, ten hoxe a consideración dun clásico da literatura. Baseada nunha lenda mexicana, conta a historia dunha perla, grande coma un ovo de gaivota, tan fermosa e perfecta como a lúa, que un día cambia dun xeito radical a vida de Kino e da súa familia. Dende entón, o propio Kino, a súa muller Juana e Coyotito, o fillo de ambos, vanse ver afectados pola posesión desta perla. A sorte desta familia humilde é seguida polo lector co dramatismo que Steinbeck lle imprime ao seu relato.\n\nSteinbeck, John\nJohn Steinbeck naceu en Salinas, California, en febreiro do ano 1902 e morreu en Nova York en decembro de 1968. Fixo estudos na universidade de Stanford, pero desde moi novo se viu obrigado a gañar o sustento co seu propio esforzo, o que lle deu unha grande experiencia e un fondo coñecemento da vida dos traballadores. En 1935 obtivo o seu primeiro éxito como escritor coa publicación da novela Tortilla Flat. Dous anos despois, Of mice and men, que analizaba as duras condicións dos xornaleiros das granxas de California, convertiuno nunha figura popular. A aparición de The grapes of wrath (1939) e East of Eden (1952) consagrárono definitivamente como un grande novelista. No ano 1962 foille otorgado o Premio Nobel de Literatura.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Galaxia\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"John Steinbeck","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644106453040,"sku":"9788498654172","price":10.3,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/A-perla.jpg?v=1611230300"},{"product_id":"illas-a-sotavento","title":"ILLAS A SOTAVENTO","description":"Illas a sotavento é unha novela protagonizada por un grupo de amigos do lugar do Prioiro, na parroquia de Covas, que manteñen cos de Arriba unha rivalidade irracional.\n\n\u003cstrong\u003eXXV Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta\u003c\/strong\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eOs enfrontamentos non cesan nin sequera no verán ou no tempo de lecer e os desafíos e os amores cruzados definen unha historia marcada por un relevante segredo. Eloi e os seus amigos do Prioiro queren construír unha balsa para chegar a unhas illas das que se contan historias fabulosas. As tirapuxas entre ambos os bandos e a construción da embarcación convértense nunha aventura. Mais... os perigos espreitan. Unha apaixonante novela de aventuras, un fermoso canto aos espazos naturais e, en definitiva, unha sorte de viaxe iniciática que a ninguén deixará indiferente.\n\nHENRIQUE DACOSTA (Ferrol, 1964) é profesor de profesión e escritor de vocación. Foi gañador en tres ocasións do Certame Carvalho Calero: Mar para todo o sempre (1991), novela; Sobre comboios, janelas e outras pequenas histórias (1993), relatos; e Unha mada de doce relatos (2006). Tamén publicou Ruiva mulher de esperança no volume Muralla de Crescórnio (1989), finalista no Certame de Relato Curto da Asociación Cultural Cidade Vella. Ademais, participou en diversas colectáneas de relatos breves. Ten publicado artigos e investigacións lingüísticas e literarias en diversas revistas e periódicos e é colaborador habitual no Diario de Ferrol.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Xerais\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Henrique Dacosta","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644125032496,"sku":"9788491215714","price":17.3,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/Illas-a-sotavento.jpg?v=1611230678"},{"product_id":"900","title":"900","description":"Fascinante parodia das novelas-elexía sobre a fidalguía rural galega, \u003cem\u003e900\u003c\/em\u003e segue o camiño de tres mozos de procedencia diversa: o indeciso herdeiro duns fidalgos, o talentoso fillo dun industrial e o último e concupiscente vástago dunha estirpe de avogados.\n\n\u003cstrong\u003ePremio Torrente Ballester 2018  \u003c\/strong\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eCoa primeira metade do século XX como pano de fondo, \u003cem\u003e900 \u003c\/em\u003eé unha descomunal e estimulante novela na que, co pretexto de relatar a decadencia dun modo de vida e dun tempo que chega á súa fin, se nos ofrece todo un banquete literario. Nas súas páxinas e nos múltiples escenarios polos que transita, dende un pazo das rías á Compostela universitaria, pasando polo Madrid da bohemia literaria e mesmo polo Flandres da Primeira Guerra Mundial, o lector pode atopar non só unha aparente novela histórica senón tamén unha novela bélica, unha novela bizantina, unha novela de iniciación, unha estudantina, un \u003cem\u003eKünstlerroman\u003c\/em\u003e, mesmo unha novela erótica, unha policial e, por se iso fose pouco, o que parece unha novela de fantasmas.\n\nFascinante parodia das novelas-elexía sobre a fidalguía rural galega, \u003cem\u003e900\u003c\/em\u003e segue o camiño de tres mozos de procedencia diversa: o indeciso herdeiro duns fidalgos, o talentoso fillo dun industrial e o último e concupiscente vástago dunha estirpe de avogados. A través das súas peripecias coñecemos as circunstancias que nalgún momento han acabar por configurar, queirámolo ou non, a sociedade actual.\n\n\u003cstrong\u003eXabier López\u003c\/strong\u003e (Bergondo, 1974) é autor dunha extensa obra narrativa que inclúe novelas coma \u003cem\u003eDoutor Deus \u003c\/em\u003e(1999), \u003cem\u003eA es\u003c\/em\u003e\u003cem\u003etraña estrela \u003c\/em\u003e(2003), \u003cem\u003eA vida que nos \u003c\/em\u003e\u003cem\u003emata\u003c\/em\u003e (2003), \u003cem\u003eTrinta e dous dentes\u003c\/em\u003e (2007), \u003cem\u003eCa­deas\u003c\/em\u003e (2013) e \u003cem\u003eOlympia Ring, 1934\u003c\/em\u003e (2014), ademais do libro de relatos \u003cem\u003eOs libros prestados\u003c\/em\u003e (2010). Como escritor de literatura infanto-xuvenil publicou, entre outras obras, \u003cem\u003eBiff, bang, pow!\u003c\/em\u003e (1997, 2014), \u003cem\u003eCando Artur non era rei\u003c\/em\u003e (2012) e \u003cem\u003eO segredo da vella librería\u003c\/em\u003e (2018). En castelán, obtivo en 2018 o Premio Juan March Cencillo de novela breve con \u003cem\u003eMax \u0026amp; Franz\u003c\/em\u003e. As súas obras foron traducidas para o castelán, o portugués, o inglés, o árabe e o chinés. Recibiu diversas distincións, entre elas o Premio Risco de Literatura Fantástica\u003cem\u003e, \u003c\/em\u003eos premios García Barros e Xerais de novela, o Premio da Crítica Española e o Lueiro Rey de novela curta.\n\n \u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Galaxia\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"VV.AA.","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644125687856,"sku":"9788491513896","price":21.2,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/900.jpg?v=1611230693"},{"product_id":"infamia","title":"INFAMIA","description":"Emma Cruz é avogada e profesora de Dereito Penal. Trasládase a Merlo para impartir clases na Universidade, sen saber que ese lugar está marcado pola desgraza.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eA súa chegada coincide co 25 aniversario da desaparición das irmás Giraud, dúas nenas ás que semella que tragou a terra. Emma axiña descubrirá que os habitantes de Merlo gardan segredos inconfesables, algúns deles imposibles de dixerir. Que foi das irmás Giraud? Están mortas? Se é así, quen as asasinou? Onde están agochados os seus corpos?Infamia é un thriller psicolóxico onde nada é o que parece. Unha novela de ritmo vibrante que agarra o lector e o conduce aos sumidoiros da condición humana. Unha historia de amor, odio e loucura. Fiel á súa escrita, Ledicia Costas é quen de explorar o máis recóndito da alma humana ofrecéndonos unha novela poderosa e adictiva.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Xerais\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Ledicia Costas","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644144857136,"sku":"9788491215363","price":19.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/Infamia.jpg?v=1611231079"},{"product_id":"elas-e-o-paraugas-totalizador","title":"ELAS E O PARAUGAS TOTALIZADOR","description":"\"Elas e o paraugas totalizador\" é unha metáfora das tensións identitarias: os tirapuxas entre xénero e nación.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eNun espléndido ensaio, tan clarificador como innovador, chamado a converse nun referente imprescindible para os estudos literarios galegos, a investigadora e crítica Helena González ofrécenos un percorrido pola literatura recente escrita por mulleres: as escritoras conformaron un espazo e unha linguaxe de seu que alterou por completo a literatura e significou unha enérxica irrupción no canon. A singularidade do caso galego serve de contrapunto, porque elas escriben desde a hiperconciencia, desde as marxes, para converteren as súas escritas en centrais, inevitables. Este ensaio ofrece análises novidosas para toda a crítica feminista en relación ao retos das escritoras identitariamente posicionadas e innovadoras, situándose nos estudos das identidades emerxentes.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Xerais\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"González Fernández, Helena","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644153737264,"sku":"9788497823401","price":19.8,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/Elas-e-o-paraugas-totalizador.jpg?v=1611231222"},{"product_id":"el-ultimo-barco","title":"EL ÚLTIMO BARCO","description":"UN NUEVO CASO PARA EL INSPECTOR LEO CALDAS.\nLa hija del doctor Andrade vive en una casa pintada de azul, en un lugar donde las playas de olas mansas contrastan con el bullicio de la otra orilla. Allí las mariscadoras rastrillan la arena, los marineros lanzan sus aparejos al agua y quienes van a trabajar a la ciudad esperan en el muelle la llegada del barco que cruza cada media hora la ría de Vigo.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eUna mañana de otoño, mientras la costa gallega se recupera de los estragos de un temporal, el inspector Caldas recibe la visita de un hombre alarmado por la ausencia de su hija, que no se presentó a una comida familiar el fin de semana ni acudió el lunes a impartir su clase de cerámica en la Escuela de Artes y Oficios.\n\nY aunque nada parezca haber alterado la casa ni la vida de Mónica Andrade, Leo Caldas pronto comprobará que, en la vida como en el mar, la más apacible de las superficies puede ocultar un fondo oscuro de devastadoras corrientes.\n\n«Domingo Villar aparece vinculado a uno de los fenómenos editoriales más destacados de estos últimos años... Pero ¿cuál es su secreto? Sin duda la creación de un mundo propio dentro de la novela negra; un mundo con su tiempo y espacio determinados, laberintos y misterios, que provoca en el lector que lo descubre el placer por habitarlo. Es como degustar el aroma de un vino nuevo fermentado en la bodega de la mejor literatura de intriga».\n\u003cem\u003eEl País\u003c\/em\u003e\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Siruela\u003cbr\u003eIdioma: Castellano","brand":"Domingo Villar","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644155408432,"sku":"9788417624279","price":23.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/El-_C3_BAltimo-barco-siruela.png?v=1611231278"},{"product_id":"a-peste","title":"A PESTE","description":"\u003cem\u003eA peste\u003c\/em\u003e (1947), xa dende a cita inicial, convida a reflexionar sobre a forma na que o ser humano arrostra e supera o mal, ao tempo que afonda na importancia das actitudes individuais e colectivas na loita contra o sufrimento.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eEn Orán, na década dos corenta do século XX, as ratas mortas inzan paseniño as rúas a medida que se estende a enfermidade. Tras moitas reticencias, as autoridades deben recoñecer o espallamento da praga e pechar as portas da cidade. Imponse un exilio que, na súa lida coa morte, fai agromar nos seres humanos traxedias a diversa escala: a soidade, o absurdo da existencia, a esquizofrenia relixiosa, a submisión, a arte, a solidariedade, a indefensión ante a xustiza e a Administración, a manipulación informativa...\n\nCo carácter atípico da súa escrita, dotada de irrenunciables marcas de estilo e para nada compracente co lector, Camus adopta a perspectiva dun cronista neutro para recrear unha atmosfera abafante, e faino primando as ideas. No entanto, a novela acolle tamén un humor por veces cáustico, o gusto pola parábola e a beleza das descricións, así como unha focalización complexa que acolle diversas voces con interpretacións mesmo contraditorias. Esta alegoría de corte existencialista convida a ficar alerta ante unha ameaza que, como se advirte, non morre nin desaparece endexamais.\n\nA novela consta de cinco partes, as cales narran os feitos e a evolución da peste. Esta é contada por un narrador obxecto, que ao final descóbrese que era un dos personaxes principais da novela: O doutor Rieux. Segundo este, a obra non é máis cá testemuña do que foi necesario facer e deberían seguir facendo contra o terror, a súa arma infatigable, todas as persoas e especialmente os médicos.\n\nA novela consta de cinco partes, as cales narran os feitos e a evolución da peste. Esta é contada por un narrador obxecto, que ao final descóbrese que era un dos personaxes principais da novela: O doutor Rieux. Segundo este, a obra non é máis cá testemuña do que foi necesario facer e deberían seguir facendo contra o terror, a súa arma infatigable, todas as persoas e especialmente os médicos.\n\n\u003cb\u003e1ªParte\u003c\/b\u003e: Comezan a aparecer unha gran cantidade de ratas na cidade, que nun principio pasan desapercibidas para a poboación pero que despois desatan a histeria ao ir morrer á superficie. Tras un tempo, esta situación cesa completamente pero xorden casos de persoas que morren a causa dunha enfermidade que ao principio se descoñece cal é, pero máis tarde co alto número de infectados e a constatación dos seus síntomas afírmase que é a peste e cerran a cidade. Nesta parte preséntanse os principais personaxes: O doutor Rieux, o periodista Raymond Rambert, Grand, o señor Cottard, o padre Paneloux e Jean Tarrou.\n\n\u003cb\u003e2ªParte\u003c\/b\u003e: O peche da cidade produce un sentimento de exilio, individualidade, medo, sufrimento, inquietude, sorpresa... A peste pasa a ser o tema principal da vida dos cidadáns xa que están illados do mundo exterior e o único medio que teñen para comunicarse é o telégrafo. Ademais teñen lugar separacións familiares para as cales a xente non estaba preparada. Rambert, un dos personaxes principais, idea un plan para escapar da cidade e reunirse coa súa amada en París, aínda que mentres non atopa o medio para marchar decide axudar nos equipos sanitarios. Outro coma o padre Paneloux, dá un sermón no que afirma que a peste é un acto de Deus como castigo pola actitude pecaminosa dos crentes. Ademais están o señor Cottard (que é o único que está contento coa peste, xa que así a xustiza non se pode ocupar del por un feito delitivo no que estaba implicado) e Rieux, Tarrou e Grand os cales loitan cada un á súa maneira contra a epidemia, a cal está a causar un número moi elevado de mortes.\n\n\u003cb\u003e3ªParte\u003c\/b\u003e: Saqueos e violencia por algunhas persoas, mala situación debido a que as mortes seguen aumentando, establécese un toque de queda e os funerais realízanse con moita velocidade. A poboación encóntrase abatida tanto física coma emocionalmente (sentimento de exilio e separación) e abandónase á praga. Non hai lugar para o amor e entre todo este caos a xente agarda a paz.\n\n\u003cb\u003e4ªParte\u003c\/b\u003e: A cidade atópase dobregada á peste (sociedade indiferente e membros dos equipos sanitarios cansados). Rambert non se marcha e decide quedar para axudar. Paneloux dá un novo sermóninstando os fieis a loitar contra a praga poñendo varios exemplos. Ademais aborda o tema de que os nenos sufran esa situación e di que chegou o momento de negar ou afirmar todo. Finalmente, a peste comeza a retroceder e descenden as mortes. Un exemplo disto é o de Grand que tivo a peste e recuperouse, ao contrario de Paneloux que morre.\n\n\u003cb\u003e5ªParte\u003c\/b\u003e: A peste que comezara en abril chega ó seu fin en febreiro. A peste vaise debilitando e a xente comeza a ser feliz e a ter esperanzas. Ábrense as portas da cidade e reúnense os separados (os cales triunfan ante a peste e empeza a ser felices, mentres que para as persoas que perderan a un ser querido continuaría por sempre a peste). Ademais descóbrese que Rieux é o narrador de tipo obxecto, xa que o seu propósito era o de contar a historia coa máxima discreción posible. Rambert reúnese coa súa amada, Cottard é apresado, Tarrou morre da peste, Grand segue escribindo a súa historia e a Rieux mórrelle a muller dunha vella enfermidade nun sanatorio lonxe de Orán. Finalmente a alegría volve outra vez á cidade, aínda que esta alegría está sempre ameazada, xa que dun momento a o outro pode volver a peste ou calquera outra desgraza.\n\n\u003cb\u003eAlbert Camus\u003c\/b\u003e, nado en Mondovi -actual Dréan  (Alxeria) o 7 de novembro de 1913 e finado en Villeblevin no departamento de Yonne (Francia) o 4 de xaneiro de 1960, foi un escritor e filósofo francés. Dende un punto de vista artístico, trátase dun autor vencellado ao existencialismo, malia que afirmou non comungar cos seus postulados filosóficos. En 1957 concedéuselle o Premio Nobel de Literatura.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Hugin e Munin\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Albert Camus","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644159176752,"sku":"9788494971303","price":16.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/A-peste.png?v=1611231374"},{"product_id":"hai-matalos-todos","title":"HAI QUE MATALOS A TODOS","description":"Unha historia que transcorre a través de tres continentes, chea de acción e de suspense, falando ás claras sobre o poder e o xornalismo, sobre a identidade e o anonimato, sobre a violencia e sobre o amor. Unha novela de acción trepidante e de lectura engaiolante coa que Héctor Carré se incorpora ao xénero negro.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eNunha noite de marcha, Ernesto e Tesa gravan accidentalmente ao Príncipe cando atropela a un borracho. O feito non aparece en ningún medio de comunicación. Os rapaces pretenden vender as imaxes, mais non lles resulta fácil. Cando o CNI descobre a existencia do vídeo encarga ao seu axente Toni Capelán que impida a súa difusión. Xaora, uns xornalistas tratan de dar a coñecer a verdade do sucedido, mais para conseguilo terán que arriscar moito, xa que nas catacumbas do poder algúns pensan que para impedir o escándalo e a crise política hai que matalos a todos.\u003cbr\u003e\n\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e\nEditorial: Xerais\u003cbr\u003eIdioma: Galego","brand":"Héctor Carré","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644166615088,"sku":"9788499148359","price":18.6,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/Hai-que-matalos-a-todos.jpg?v=1611231746"},{"product_id":"fahrenheit-451","title":"FAHRENHEIT 451","description":"A novela de Bradbury resulta asombrosamente visionaria: televisións de tamaño de paredes que mostran telenovelas interactivas; carteis publicitarios de sesenta metros de longo nas estradas; altofalantes en miniatura que a xente leva nos oídos para escoitar música e as noticias; a indiferenza das persoas con respecto a todo. A prosa poética e poderosa de Bradbury fusiónase cunha percepción extraordinaria sobre o potencial da tecnoloxía para crear unha novela que, cincuenta anos despois da súa aparición, aínda ten capacidade de asombrar e impactar.Un clásico da literatura do século XX en galego, unha antiutopía na que os libros están prohibidos e un grupo secreto de libros viventes esfórzanse en transmitir de boca en boca a antiga cultura.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eFahrenheit 451: a temperatura á cal un libro prende lume e arde. Guy Montag é bombeiro. O seu traballo consiste en queimar libros, que están prohibidos e son fonte de discordia e infelicidade. Aínda así, Montag séntese desgraciado: o seu matrimonio está en crise. ¿Acaso hai libros agochados na súa casa? O Sabuxo Mecánico do Departamento do Lume, armado cunha agulla hipodérmica letal e escoltado por helicópteros, persegue aos disidentes que se atreven a ler. \"Fahrenheit 451\" de Ray Bradbury é unha novela situada nun futuro onde a xente xa non se interesa pola literatura. Constitúe xunto a \"1984\" de George Orwel e \"Un feliz mundo novo\" (Xerais, 1999) de Aldous Huxley, unha descrición profética da submisión de Occidente aos medios, ás drogas e ao conformismo.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Xerais\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Ray Bradbury","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644184178736,"sku":"9788497823104","price":13.6,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/Fahrenheit-451_5d778635-ec99-4bf0-8bab-77807118e8bf.jpg?v=1611232014"},{"product_id":"pedras-compostela-copiar","title":"A CABEZA DE MEDUSA","description":"9ª Edición - Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2008\n\nPremio The Withe Ravens (Internationale Jugend Bibliothek), 2009\n\nPremio Frei Martín Sarmiento 2010 (categoría 3º ESO a Bacharelato)\n\n \n\nUnha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar complicacións?\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eInspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser violada a levar serpes por cabeleira. Dende a mesma noite da agresión vai comezar para as dúas mozas o pedregoso camiño da busca da xustiza. Debateranse entre sucumbir e cargar coa lousa que algúns queren pousar sobre elas ou aferrarse a aqueles que as alentan a seguir na procura da propia dignidade e do dereito a superar o sucedido. Narrada en terceira persoa, A Cabeza de Medusa, a novela de Marilar Aleixandre, gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2008, conxuga a descrición, a narración e o diálogo, así como o xénero xornalístico, para conseguir, en palabras do xurado, \"unha prosa áxil e dinámica que avanza con maxistral fluidez dende o comezo en que se coñece o acontecemento que desata a trama, ata a última páxina en que se resolve\". A amplificación social da violación e tamén a procura dos amor(ot)es ventureiros, o papel do amor e a amizade na resistencia ao medo e á vergoña son temas abordados nesta magnífica novela con valentía, claridade e tenrura.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Xerais\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Marilar Aleixandre","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644204953648,"sku":"9788499140988","price":12.15,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/A-Cabeza-de-Medusa.jpg?v=1611232382"},{"product_id":"adios-maria-2","title":"ADIÓS MARÍA","description":"Historia dunha rapaza viguesa, filla dun traballador botado ao paro e empurrado á emigración pola desaparición dos tranvías.\n\nO retrato dun tempo que xa non é. Pero que explica quen somos.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eMaría, ou Maxa, é a protagonista desta historia en que os personaxes son todo. A autora penetra na súa psicoloxía para cercenar as súas almas e poñérnolas diante dos ollos. Na novela atopamos unha clara denuncia social da emigración, as súas causas e as súas consecuencias, así como unha fermosa recreación da linguaxe suburbial. Publicada por primeira vez en 1971, esta é unha das novelas máis importantes da creación literaria galega do último terzo do século XX e que agora a Editorial Galaxia volve poñer no camiño das lectoras e lectores que tamén gorentan da narrativa da que foi unha das poetas máis importantes que deu a nosa literatura.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Galaxia\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Xohana Torres","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644219404336,"sku":"9788491512028","price":20.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/Adi_C3_B3s-Mar_C3_ADa.jpg?v=1611232634"},{"product_id":"filla-do-minotauro","title":"A FILLA DO MINOTAURO","description":"Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2017.\n\nUnha novela, en definitiva, que as e os seareiros da vizosa obra de Marilar Aleixandre recoñecerán como unha das mellores entre as súas.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eNeste libro cóntasenos unha historia de aventuras (xénero que leva practicando a autora dende sempre) sobre unha organización clandestina dedicada a salvar obras de arte. Unha novela vibrante que nos deixa sen alento xa dende as primeiras liñas e que, entre outras cousas, nos fará entender que somos, tamén, o noso patrimonio, a historia que nos construíu, o que outras e outros, antes, fixeron por nós.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Galaxia\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Marilar Aleixandre","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644226187312,"sku":"9788491511892","price":12.7,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/A-filla-do-minotauro.jpg?v=1611232765"},{"product_id":"males-de-cabeza","title":"MALES DE CABEZA","description":"Reflexiona sobre ese vento que sopra desde as entrañas da cultura urbana contemporánea e que nos arrastra entre as follas invisibles dunha neurose colectiva. Máis que un libro, Males de cabeza é unha arañeira de seda ácida que se vai tecendo con extremado coidado arredor dun dos temas que máis paixón e inquedanza teñen espertado ao longo do milenio: a tolemia.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cdiv class=\"texto_01\"\u003e\n\u003cdiv class=\"texto_01\"\u003e\n\nEn Males de cabeza, Fran Alonso deita unha ollada sobre a condición humana, ás veces con tenrura, ás veces con dureza, ofrecéndonos unha visión propia e moderna da tolemia, desa tolemia próxima e contemporánea que a tod@s nos roza. E faino espindo as tensións e contradiccións cotiás do noso tempo e da nosa sociedade e abrindo un coloquio coa tradición literaria e cinematográfica que recrea a loucura. Males de cabeza configúrase como un espello que compendia a obra literaria de Fran Alonso.INDICACIÓNS: Males de cabeza está indicado para provocar a reflexión sobre a depresión e a súa ansiedade asociada, ofrecendo unha visión persoal, moderna e literaria da tolemia. Pode ser útil no tratamento da bulimia nerviosa, nas discusións de parella, nas tensións provocadas polo tráfico, nos ciúmes, na hipocondría, na asunción da angustia, na soidade, nas discusións sobre fútbol e, en casos extremos, na paranoia, esquizofrenia e adiccións varias.\n\n\u003c\/div\u003e\n\u003ch3 class=\"linea_01 encabezado_03 margen_50\"\u003e\u003c\/h3\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003ch3 class=\"linea_01 encabezado_03 margen_50\"\u003e\u003c\/h3\u003e\n.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Xerais\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Fran Alonso","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644235132976,"sku":"9788483025468","price":17.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/Males-de-cabeza.jpg?v=1611232936"},{"product_id":"as-chamadas-perdidas","title":"AS CHAMADAS PERDIDAS","description":"Como cando as paredes oen aos amantes, “Así, máis, máis, máis”, estes novos relatos de Manuel Rivas, o autor de A lingua das bolboretas e O lapis do carpinteiro, non foxen da realidade senón que procuran máis e máis: ¡Máis realidade! A memoria viaxa no lombo da linguaxe.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eOs recordos aquí non son pasado. Serven para a restauración da vida por medio tamén das sensacións e dunha mirada táctil. A vida concibida como unha sucesión de chamadas, das que as máis importantes son as que quedan no aire, aquelas coas que non establecemos contacto. O impacto destas perdas fai cambalear a existencia cotián. Esa excitación, ese erguerse na caída, é o punto de partida deste libro emocionante.Estamos ante un realismo íntimo, onde golpea o abraio e a sorpresa, pero que refuga a convención do “máxico”. Pola contra reclama máis e máis realidade: a que se oculta, agocha ou se disfraza. A literatura ven ser a nosa intrahistoria, e o camiño que aquí vai abrindo a escritura semella un paso clandestino, con tramos inquietantes, que nos leva á paisaxe da emoción. Os vintecatro relatos de As chamadas perdidas rebélanse contra a fatalidade. Os personaxes loitan, corpo a corpo, contra a tristeza e a soidade. Fanse fortes co seu fío de esperanza e coas súas puñadas de humor e ironía. Cada relato parte dunha dimensión social que ser ve ao autor para expresar o ámbito persoal máis có colectivo. Esa viaxe interior dos personaxes avanza paralela a únha viaxe interna do libro, estructurado ao xeito dunha mar aberta, desde contos dunha factura máis clásica como “Nós os dous” , “O heroe” ou “O partido de Reis” a outros máis experimentais como “Snif, bang, bla, bla, bla” ou “Todos os animais falan”. Vintecatro contos moi cinematográficos, escritos coa mestría característica da prosa de Manuel Rivas, constitúen, tamén, unha viaxe dende aquela Galicia popular dos anos sesenta, cando chegan os electrodomésticos e os mozos e mozas acudían aos salóns de baile, ata hoxe en día.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Xerais\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Manuel Rivas","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644236148784,"sku":"9788483028117","price":17.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/As-chamadas-perdidas-1.jpg?v=1611232960"},{"product_id":"esta-historia","title":"ESTA HISTORIA","description":"Contar unha historia ten o engado e o feitizo da descuberta, é como a revelación dunha vida secreta.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eO insospeitado xorde do habitual, do cotián, conquístanos e faise inesquecible…\n\nÉ o poder da literatura. Xosé Monteagudo (Moraña, 1965), autor da novela \u003ci\u003eAs voces da noticia\u003c\/i\u003e (Premio Blanco Amor 2002), introdúcenos no misterio dun personaxe engaiolante. Dos anos universitarios ao devalo das ilusións, da mocidade á vida familiar, a través da conversa de dous amigos.\n\nA novela tece e destece o fío dunha existencia. Ler \u003ci\u003eEsta historia\u003c\/i\u003e é volvela a vivir.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Galaxia\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Xosé Monteagudo","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644242669616,"sku":"9788482889108","price":13.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/Esta-historia.jpg?v=1611233091"},{"product_id":"a-bisneta-lercha","title":"A BISNETA LERCHA","description":"O pracer de contar.\n\nPaco Martín publica un novo libro no que quere recuperar o pracer de contar. En \u003ci\u003eA bisneta lercha \u003c\/i\u003ereelabora tres realatos fundamentais da tradición literaria europea, volve ao conto popular devolvéndolle o seu labor primixenio.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eOs contos da tradición popular, que logo sería adapatados para o publico infantil, volven agora aos lectores e lectoras de hoxe para recuperar con eles a curiosidade e a ledicia das primeiras lecturas. Paco Martín que foi Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil no ano 86 co inesquecible \u003ci\u003eDas cousas de Ramón Lamote\u003c\/i\u003e, pon en xogo toda a súa sabedoría narradora para reelaborar dende a Galicia de hoxe, e para quen guste da literatura sen filtros, contos como \"A carapuchiña vermella\", \"O parrulo feo\" e \"O gato con botas\". Contos para todo tipo de lectores que o escritor actualiza e nos devolve con azos novos, sen perderen a forza e a maxia literaria que os fixo permanecer na lembranza de milleiros de lectores.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Galaxia\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Paco Martín","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644244144176,"sku":"9788482889085","price":12.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/A-bisneta-lercha.jpg?v=1611233121"},{"product_id":"despois-da-medianoite","title":"DESPOIS DA MEDIANOITE","description":"No entorno abafante dunha pequena aldea de Támil Nadu, do outro lado da luz, no escuro da medianoite, no lugar pechado das casas e das cociñas, no reverso das normas da comunidade, transcorren as vidas de Rabia, Wahida, Rahima, Zohra, Firdaus e o resto das mulleres de Despois da medianoite.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cdiv class=\"texto_01\"\u003e\n\nAs súas arelas, os seus problemas e solucións vannos levando por un camiño de dificultades onde a busca da liberdade se atopa fanada de maneira constante. As finas estratexias de cada unha das protagonistas amósannos os atrancos que as mulleres atopan para desfacer as posicións que lles veñen dadas, que lles son inoculadas a cada paso dende a infancia.Despois da medianoite supón un fito na literatura támil e propuxo un controvertido berro crítico dende o interior da minoría musulmá, un berro nidio e complexo. Cunha prosa de fiar moi fino, atenta ao detalle, aos tirapuxas de quen loita con forzas desiguais contra cumprir as normas e rachar con elas, a voz destemida de Salma axúdanos a penetrar no escuro, lonxe dos estereotipos e máis preto dun entendemento liberador.\n\n\u003c\/div\u003e\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Xerais\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Salma","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644248338480,"sku":"9788499142548","price":23.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/Despois-da-medianoite.jpg?v=1611233270"},{"product_id":"carcere-verde","title":"CÁRCERE VERDE","description":"O lector acompaña a un grupo de busca-fortunas ata os límites das súas vontades, prisioneiros da selva.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eUnha novela sobre a cobiza dos homes que se deixan deslumbrar polo fulgor dos diamantes e que se acaban transformando nuns seres alucinados, sen conciencia da súa dignidade humana, encarcerados nun auténtico labirinto vexetal.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Galaxia\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Xavier Alcalá","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644253188144,"sku":"9788482886282","price":16.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/C_C3_A1rcere-verde.jpg?v=1611233507"},{"product_id":"a-nosa-cinza","title":"A NOSA CINZA","description":"\u003cp\u003eUnha novela sobre o paso da infancia á adolescencia na que resulta doado identificarse co protagonista.\u003cbr\u003eNa Galicia da posguerra Xoán vai madurecendo. Xunto a el pasamos da primeira infancia ao ingreso na Universidade, e vivimos as experiencias vitais do protagonista e os acontecementos sociais que lle tocou vivir. A experiencia cotiá feita literatura. Unha novela de iniciación que se atopa entre os libros máis lidos polos adolescentes galegos.\u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eA nosa cinza publicouse por primeira vez en 1980. Santiago: Editorial Follas Novas. \u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eAdemais tivo dúas edicións na Editorial Nós e quince en Editorial Galaxia.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEditorial: Galaxia 09-2024\u003cbr\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 252\u003cbr\u003e\u003cspan\u003eFICCIÓN MODERNA E CONTEMPORÁNEA\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e","brand":"Xavier Alcalá","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644254892080,"sku":"9788411763202","price":21.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/978841176320.jpg?v=1725994024"},{"product_id":"entre-fronteiras","title":"ENTRE FRONTEIRAS","description":"\u003ci\u003eEntre fronteiras\u003c\/i\u003e narra a historia da represión das comunidades evanxélicas en Galicia no primeiro terzo do século XX.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eA nova novela de Xavier Alcalá forma parte dun proxecto narrativo centrado na historia nunca contada das comunidades evanxélicas en Galicia. \u003ci\u003eEntre fronteiras\u003c\/i\u003e narra a historia dunha represión. Partindo de feitos reais, a novela de Alcalá achéganos á verdade a través da ficción. As consecuencias de vivir cunhas conviccións relixiosas diferentes e as vicisitudes que o contexto histórico impón aos evanxélicos en Galicia constitúen a materia prima da triloxía «Evanxélica memoria», iniciada coa novela que agora se publica.\n\u003ci\u003eEntre fronteiras\u003c\/i\u003e supón un esforzo narrativo singular. A historia que conta Xavier Alcalá nesta novela comeza durante o reinado de Alfonso XIII e chega á Guerra Civil. As circunstancias e os personaxes son retratados coa exactitude dun escribán de xulgado e o pulso firme e apaixonante dunha narración que flúe dun xeito imparable. A base documental da novela está tomada directamente das conversas que o autor mantivo con membros da comunidade evanxélica en Galicia: os seus testemuños axudaron a Alcalá a tecer un relato de ficción narrativamente verosímil, amais de apaixonante polo que ten de historia vivida.\nXavier Alcalá descobre unha parte ata o de agora descoñecida da nosa historia. O autor anuncia a continuación desta epopea do noso tempo noutras dúas novelas máis, \u003ci\u003eNas catacumbas\u003c\/i\u003e e \u003ci\u003eUnha falsa luz\u003c\/i\u003e. Cada unha das partes da triloxía pódese ler de xeito independente, xa que abranguen distintos períodos da historia recente: a Guerra Civil, a posguerra e o franquismo ata a morte do ditador.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Galaxia\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Xavier Alcalá","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644254924848,"sku":"9788482886671","price":15.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/Entre-fronteiras.jpg?v=1611233565"},{"product_id":"trabe-ouro-e-outros-contos","title":"A TRABE DE OURO E OUTROS CONTOS","description":"\u003cdiv class=\"m_3434440268768342289WordSection1\"\u003e\n\nUnha mostra da singular mestría para recrear narracións de procedencia popular dun dos nosos autores xa clásicos.\n\n\u003c\/div\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eBaseadas en lendas e crenzas populares, como a do lobishome e a dos mouros gardadores de tesouros fabulosos, moitas destas narracións vencéllanse coa nosa imaxinación colectiva como pobo. Noutras o autor adiántase ao seu tempo para facer unha parodia crítica e mordaz, maxistral e divertida, dos comportamentos, roles e obsesións da sociedade de hoxe. Este libro inclúe algúns dos relatos máis admirados do autor ourensán, como \"Do caso que lle aconteceu ó doutor Alveiros\", \"O lobo da xente\", \"A trabe de ouro e a trabe de alquitrán\" e \"Os europeos de Abrantes\".\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Galaxia\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Vicente Risco","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644281434160,"sku":"9788482886602","price":11.7,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/A-trabe-de-ouro-e-outros-contos.jpg?v=1611233745"},{"product_id":"noite-das-bicicletas","title":"A NOITE DAS BICICLETAS","description":"\u003cdiv class=\"texto_01\"\u003ePremio Merlín de Literatura Infantil 2010, esta novela consolida un mundo asombroso de fantasía, cheo de humor e tenrura.\u003c\/div\u003e\n\u003cp\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eRaymond era un apaixonado da bicicleta e experto na apertura de todo tipo de cadeados. Membro dunha familia de saltimbanquis, a súa ilusión era participar nunha gran carreira ciclista, razón pola que era capaz de pedalear todo o día sobre \"Vancouver\", a súa bicicleta azul e vermella. Cando chegou á nova vila amigou axiña con Elías Brimarán, que traballaba no estaleiro familiar e a quen todos os deportes ao aire libre lle encantaban. Xaora, os dous amigos quedarán abraiados ao veren como Valentina aprendera tan rápido a andar e facer acrobacias sobre a súa \"Celífera\", progresando sobre a bicicleta a unha velocidade que ninguén imaxinara nunca.Precuela de \"A filla do ladrón de bicicletas\".\u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEditorial: Xerais\u003cbr\u003eIdioma: Galego\u003c\/p\u003e","brand":"Teresa González Costa","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644286709808,"sku":"9788491213697","price":13.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/A-noite-das-bicicletas.jpg?v=1611233979"},{"product_id":"a-ledicia-de-ler","title":"A LEDICIA DE LER","description":"Esta compilación de máis de catrocentos artigos permite reconstruír a memoria lectora da sociedade galega a través dos máis de vinte anos, de 1975 a 1992, en que Carlos Casares quixo compartir cos lectores e lectoras do xornal La Voz de Galicia a ledicia de ler.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eCon este título convidou a unha sociedade galega que saía de corenta anos de ditadura a abrir as fiestras á luz da intelixencia. Segundo escribiu o autor de \u003cem\u003eO sol do verán\u003c\/em\u003e, a súa intención era “fomentar a lectura do libro galego e fundar unha crítica literaria sostida e regular”. Velaquí unha achega imprecindible non só para completar a obra xornalística do escritor senón tamén para coñecer e comprender en profundidade a súa concepción da literatura\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Galaxia\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Carlos Casares","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644303683632,"sku":"9788491510970","price":30.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/A-ledicia-de-ler.jpg?v=1611234585"},{"product_id":"espedicion","title":"ESPEDICIÓN","description":"A narración en primeira persoa parte dunha travesía cara ao cumio do Shisha Pangma, o SP, a montaña de 8.027 metros de altura no cordal Himalaia.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eA presente obra, publicada orixinalmente en éuscaro en 2015, entronca coa chamada literatura de montaña, difuso subxénero que linda e comparte elementos coa literatura de viaxes e tamén coa de exploración. Cabe sinalalo na medida na que no mercado editorial galego apenas existen mostras deste clase de textos. Para a conformación de \u003cem\u003eeSPedición. O poder dunha montaña\u003c\/em\u003e, Juanra Madariaga, autor vasco de gran prestixio no ámbito da poesía, optou por conxugar crónica e lirismo. A narración en primeira persoa parte dunha travesía cara ao cumio do Shisha Pangma, o SP, a montaña de 8.027 metros de altura no cordal Himalaia; consonte avanza o texto, o protagonista explica a orixe da súa paixón, relata as duras condicións que deben enfrontar os aventureiros e achega multitude de referencias literarias que acompañaron ao longo da historia do montañismo a aqueles que, coma el, algunha vez ousaron coroar as cristas máis altas do planeta.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Hugin e Munin\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Juanra Madariaga","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644318134320,"sku":"9788494653803","price":16.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/espedicion.png?v=1611235287"},{"product_id":"lume-de-cobiza","title":"LUME DE COBIZA","description":"Un novo caso de Frank Soutelo, desta volta en Galicia\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eLogo da súa peripecia de sabuxos nos depravados ambientes de Hollywood, Frank Soutelo regresa para afrontar o seu primeiro caso en Galicia. Un mozo acaba de morrer e a súa familia sospeita que o pasamento foi inducido. Coa axuda do ex-garda civil Poncio e da moza Dalia Maxino, Soutelo rematará por mergullarse no mundo do ladrillo e da especulación, entre a vaga de lumes que arrasa o país no verán de 2006.\n\nSen esquecer o humor, Miguel Anxo Fernández aborda nesta novela un dos asuntos máis controvertidos da actualidade.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Galaxia\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Miguel Anxo Fernández","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644347166768,"sku":"9788498653670","price":19.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/Lume-de_cobiza.jpg?v=1611235954"},{"product_id":"poesia-mistica-e-civica-xose-maria-diaz-castro","title":"A POESÍA MÍSTICA E CÍVICA DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO","description":"Xosé Lois García é unha personalidade tan poliédrica, de tan vasta memoria, e con tanta enerxía creativa e de traballo, sempre sorprende e desborda, como neste orixinal e entusiasta traballo sobre Díaz Castro que temos nas mans.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eA súa paixón centrouse nesta vez en Díaz Castro, como anteriormente no seu tamén admirado amigo Novoneyra, e case parecía condenado a ter que facelo: coma el emigrante, coma el poeta, coma el de orixe campesiña, coma el namorado e vencelladísimo á terra da infancia e á súa sabia cultura rural (para min segue destacando entre a súa producción creativa o seu reeditado Do Faro ao Miño sobre o seu telúrico espazo chantadino, nutrido, anímico e mítico), coma el aberto a grandes horizontes doutras literaturas, coma el tradutor, coma el cultivador de amizade, e coma el home moi relixioso… malia declararse, quizais coa boca pequena, non crente neste texto (vede o seu comentario a O berro das pedras…).\n\nXosé Antón Miguélez Díaz\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Urco\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"XOSÉ LOIS GARCÍA","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644354244656,"sku":"9788415699927","price":10.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/a-poesia-mistica-diaz-castro.jpg?v=1611236138"},{"product_id":"miss-ourense","title":"MISS OURENSE","description":"Miss Ourense reúne catro relatos de corte detectivesco, todos eles desenvolvidos no Ourense dos últimos anos sesenta e protagonizados polo inspector de policía Gumersindo Nespereira. Luanda, A cruz de prata, O que enganan as iguanas e mais o relato que dá título a este volume.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eSon narracións áxiles e ben tramadas que, máis alá dos sucesos que as orixinan, nos deixan enxergar o tecido interno dun tempo de ocultacións e de silencios. O Ourense recreado neste libro esconde no seu interior, baixo a aparencia dunha cidade tranquila e provincial, ambicións de poder e pecados de cobiza ante as cales unha sociedade cómplice intenta pechar os ollos e aproveitar o que se poida, sen reparar demasiado nas inevitables vítimas. O inspector Nespereira, que é dono dun Dauphine e dun peculiar sentido do humor, sabe que as cousas sempre foron así e non vai intentar cambialas. Pero tampouco vai deixar que ninguén o tome por parvo.\n\nIglesias, Bieito\n(Ourense, 1957). Estudou Xeografía e Historia na Universidade de Santiago e exerce de catedrático de lingua e literatura galegas en Compostela. Actualmente colabora como articulista n´A nosa terra e en Tempos Novos, labor polo que obtivo o Premio Blanco Torres no ano 2004 e que ao ano seguinte se publicaría reunido no libro Barcos a pique.\n\nDeuse a coñecer como narrador en 1988, obtendo o premio Modesto R. Figueiredo de relato breve. Como narrador publicou as novelas Vento de seda, A vida apoteósica e A historia escríbese de noite, pola que recibiu o Premio García Barros, amais dos libros de relatos Aventura en Nassau, Miss Ourense, O mellor francés de Barcelona, Amor e música lixeira e Pan e coitelo, libros que chamaron a atención de críticos e lectores. O mesmo ocorreu con Bajo las más bellas estrellas, novela en castelán coa que gañou o premio Ciudad de Salamanca.\n\nBieito Iglesias é tamén o autor, xunto con Manuel Vázquez, das magníficas traducións ao galego das novelas e relatos de Arthur Conan Doyle agrupados na Biblioteca Sherlock Holmes (Galaxia, 1995-1997).\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Galaxia\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Bieito Iglesias","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644355129392,"sku":"9788498654912","price":14.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/miss-ourense.jpg?v=1611236154"},{"product_id":"ferida-do-vento","title":"A FERIDA DO VENTO","description":"En 1978, Antón ten quince anos e, logo de tres meses de internado, volve a Xinzo de Limia coa emoción de ver a súa primeria moza.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eO avó Mauro, unha persoa peculiar que leva un rexistro dos tolos da vila, agarda por el no cuarto para lle dar unha nova que o deixará abraiado. A partir deste momento, Antón sentirá o peso do mundo e buscará nos personaxes extravagantes unha alianza para as feridas do amor e da vida.\nNovela de formación, escrita cunha ollada lírica e sensible, onde o autor limiao non só nos ofrece un fresco humano da súa vila, poboada de personaxes memorables, entre os que figura o escritor Carlos Casares, senón tamén a reprentación exquisita do paso da infancia á adolescencia.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Galaxia\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Antón Riveiro Coello","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644356177968,"sku":"9788498657357","price":14.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/a-ferida-do-vento.jpg?v=1611236180"},{"product_id":"a-candidata","title":"A CANDIDATA","description":"A crise afectou a moitas familias, traendo consigo non só dificultades económicas senón tamén emocionais.\n\n\u003cstrong\u003ePremio García Barros 2016\u003c\/strong\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eO relato dunha desas quebras e o intento posterior de reconstrución é a cerna da novela coa que Miguel Sande obtivo o Premio García Barros. Narrativa intensa, de impacto, na que non se furta a súa capacidade ferinte, afastada de calquera mirada politicamente correcta. Escrita cunha linguaxe franca, dura e directa, tamén con momentos tenros. A candidada dá voz a unha desas familias, para que os seus membros -nai, filla e pai- relaten a súa historia. Ferinte. Impactante. Abrupta. Incorrecta. Algo estoupa para nos conmover e perturbar.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Galaxia\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Miguel Sande","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644356309040,"sku":"9788498657364","price":14.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/a-candidata.jpg?v=1611236183"},{"product_id":"acta-de-vitimas","title":"ACTA DE VÍTIMAS","description":"Lalín, outono do 1946. O avogado Román Ulloa recibe o encargo de convencer aos descendentes dunha familia fidalga republicana para que vendan o seu pazo a un alto mando afín ao réxime, encaprichado coa propiedade.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eAsí comeza Acta de vítimas, novela sobre os abusos seudolegais amparados polo franquismo, e recreación dunha época terrible na que o medo era rasgo definitorio dunha sociedade sometida. As sutís presións, as medias verdades susurradas, a tensión ambiental permanente, conforman a contorna na que respiran día a día unha galería de personaxes que abranguen un amplo mostrario de actitudes: desde o colaboracionismo activo ata o forzado, pasando pola resignación cabal e os brotes illados de rebeldía. Pero, como o impulso de vivir sobreponse a todo, nestas páxinas hai tamén cabida para a tenrura, a lembranza, o agarimo, o humor... e os arroutos de dignidade mesmo no contexto máis hostil e opresivo. A multitude de caracteres secundarios que poboan o relato complementan unha visión daquela Galicia desapacible e gris, especialmente para as vítimas sen acta que as recoñecera como tales.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Laiovento\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Victorino Gutiérrez Aller","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644359192624,"sku":"WP6171","price":17.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/acta-de-vitimas.jpg?v=1611236229"},{"product_id":"cans","title":"CANS","description":"Os cinco de Ons chegan oa festival de Cans para gozaren dunha fin de semana de amor, humor e, sobre todo, moito cine\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eO que non saben é que un acontecemento inespeado vainos converter nos protagonistas dunha excitante aventura que nos atrapara.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Carlos Meixide\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Carlos Meixide","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644363747376,"sku":"9788416121588","price":12.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/cans.jpg?v=1611236291"},{"product_id":"bretana-esmeraldina","title":"BRETAÑA, ESMERALDINA","description":"Bretaña, Esmeraldina supón un dos maiores esforzos creativos de Xosé Luís Méndez Ferrín. O protagonista, Amaury, vive nunha cadea política na que se erguen tamén os muros da cadea psicolóxica e as reixas da cadea literaria.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eDebedora de Jack London, de Torrente Ballester ou de Cunqueiro a novela ten como un dos temas centrais a procura da identidade. Novela carceraria con Tagen Ata e con Bretaña ao fondo, está resolta cunha complexa pero expresiva e brillante sistemática especular que non lle furta ao lector o galano dunha lingua senlleira, inimitable. Desde a perspectiva actual, Bretaña, Esmeraldina, inserida na estética da Nova Narrativa, concíbese unha potente espiral que flexiona todo o conxunto da obra do autor, moi á altura da circunstancia política de 1987, sen deixar de ser unha viaxe extraordinara e ás veces mesmo alucinante polas máis fermosas páxinas da literatura galega e da literatura universal. A presente edición foi preparada por Anxo Angueira, quen se ocupou da introdución e das notas.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Xerais\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"X. L. Méndez Ferrín","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644375216176,"sku":"9788497826105","price":21.8,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/breta_C3_B1a.jpg?v=1611236460"},{"product_id":"familia-pascual-duarte-facsimil","title":"A FAMILIA DE PASCUAL DUARTE (FACSÍMIL)","description":" \n\nAbordamos agora, dentro da conmemoración institucional do centenario do escritor de Iria Flavia que viu recoñecido o seu talento co Premio Nobel de Literatura, unha nova reedición fasimilar desta tradución histórica.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eAdemáis do interese literario, este traballo e o propio proceso de relación intelectual que mantivo con Galicia nesa década ofrécennos nova luz sobre a vocación de Camilo José Cela de incorporar o universo galego e mesmo a lingua de noso na súa creación literaria, un percorrido que iniciará de feito en novelas posteriores.\nA recuperación desta edición recódanos tamén a capacidade dos autores e editores implicados -un círculo no que moito ten que ver Fernández del Riego- para abrir pequenas fendas para a edición galega na etapa franquista e que permitiu que a construción literaria de Galicia non fose completamente interrompida durante a ditadura.\n\nA familia de Pascual Duarte é unha novela de Camilo José Cela, publicada na lista das 100 mellores novelas en español do século XX do xornal español El Mundo.\n\nEsta novela é fundadora do xénero que se deu a coñecer como tremendismo, o cal entronca coa tradición realista española: a picaresca, o naturalismo do século XIX e a novela social dos anos trinta. É un punto de encontro de estilos que xorden na España de posguerra, dentro dos que podemos destacar o existencialismo e o extremo realismo. Os personaxes viven nun ambiente de marginación, sumidos na incultura, a dor e a angustia; isto fai que as historias viren en torno ao grotesco ou repulsivo buscando con iso impactar ao lector. Pode xa que logo dicirse que o tremendismo é un tipo de crítica social.\n\nO arquetipo destes personaxes é o protagonista desta novela, Pascual Duarte, é un habitante da Estremadura rural, a súa vida desenvólvese entre 1882 e 1937, anos nos que a realidade socio-política española estaba marcada por un clima de profunda inestabilidade. É unha das épocas máis axitadas dentro do constitucionalismo histórico con bruscos cambios de goberno e de constitución, sendo estas cartas magnas máis teóricas que fácticas. É un personaxe que carece de toda habilidade social e que soamente coñece a violencia como único recurso para solucionar os problemas que se lle van suscitando na vida. Por isto, a historia ten un argumento truculento, sórdido, abundante en escenas de violencia.\n\nA novela ten varios narradores, entre eles o principal é o propio protagonista, Pascual Duarte, quen conta a historia da súa vida cunha linguaxe que evoca a fala rural e que recorre, a miúdo, a comparacións coa natureza e frecuentemente ao uso do refranero español, cando non atopa palabras para expresar o que sente ou pensa.\n\nO protagonista da obra, naturalmente tamén se ve influenciado, condicionado e impregnado polo clima social reinante no momento e aínda que en ocasións as referencias explícitas sexan difíciles de deducir, en determinados momentos parece que o autor está referíndose implícitamente ás mesmas.\n\n \u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Galaxia\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Camilo José Cela","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644378001456,"sku":"9788498657180","price":20.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/a-familia-de-pascual-duarte.jpg?v=1611236514"},{"product_id":"ira-dos-mansos","title":"A IRA DOS MANSOS","description":"\u003cp\u003eO cadáver dunha nena con síndrome de down aparece nos terreos do edificio Bandeira en Vigo. Para resolver o crime, o inspector Carlos Manso ten que percorrer os intestinos da delincuencia viguesa e internacional. \u003cstrong\u003ePremio Xerais de Novela, 2016\u003c\/strong\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eInexplicabelmente o condado de Cornualle, na illa de Gran Bretaña, esperta unha fría mañá de xoves ou de venres falando unha lingua extinta: o córnico. A partir dese feito, desenvólvese unha trama atractiva, escrita cun estilo poderoso, que supón unha profunda reflexión sobre a identidade e a represión lingüística, ambientada na Gran Bretaña de hoxe. “Crónica Córnica” é unha novela que sorprende e destila amor polas palabras e as linguas en cada páxina, abordando un tema tan crucial como escasamente tratado na literatura. A novela, de tintura saramaguiana, técese a través dun personaxe colectivo que se encarna en secretarias, profesoras, alcaldes, mariñeiros, carteiras, pallasos, libreiros e xardineiras: toda unha composición polifónica que adopta as formas do relatorio e da crónica onde, por veces, é máis importante o non dito, o diálogo imaxinario, do que a voz directamente expresada. Unha novela contemporánea, que pode ser lida en moitas claves, que pivota sobre a tríade lingua, identidade e sociedade, e foi enunciada non desde o discurso científico, senón desde a fabulación murmurada de boca a orella. Un intenso e metafórico berro literario a favor das linguas e contra a marxinación e as desigualdades económicas, culturais e sociais entre colectivos e pobos.\u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEditorial: Xerais 09-2016\u003cbr\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 184\u003cbr\u003eNARRATIVA\u003cbr\u003eCARLOS MANSO\u003cbr\u003eVIGO\u003cbr\u003eNOVELA POLICÍACA\u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e","brand":"Manuel Esteban","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644379017264,"sku":"9788491211013","price":18.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/a-ira-dos-mansos.jpg?v=1611236533"},{"product_id":"colleita-vermella","title":"COLLEITA VERMELLA","description":"A historia arrinca coa chegada dun detective privado á gris cidade de Personville. A cada movemento do protagonista, xorden novas complicacións: verase inmerso en sanguinarios enfrontamentos entre bandas rivais e coñecerá as manobras reprobables realizadas á marxe da lei. Cabe sinalar que a trama se intrica até extremos insospeitados, pero iso non fai senón acentuar o peso literario dunha obra fóra de serie.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cem\u003eColleita vermella\u003c\/em\u003e publicouse por vez primeira nos Estados Unidos de América en 1929. Trátase dunha obra pioneira do xénero negro, hoxe considerada pola crítica como unha das mellores novelas en lingua inglesa do século XX. Para amantes do \u003cem\u003ehard-boiled\u003c\/em\u003e, é de lectura inescusable: porque serve de modelo para a multitude de obras pulp que virían despois (non só na literatura senón tamén no cinema); por ser a primeira novela co axente da Continental como protagonista, personaxe insignia –xunto con Sam Spade e o Philip Marlowe de Raymond Chandler– do xénero; por algunhas escenas e diálogos verdadeiramente xeniais: segundo o existencialista galo André Gide, «o último en atrocidade, cinismo e horror»; pola súa complexidade a case calquera nivel: foi lida como enxeñosa alegoría, como apoloxía marxista do sindicato organizado (para o caso, a mafia) e como virulenta comedia negra ao redor do asasinato.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Hugin e Munin\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Dashiel Hammett","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644379050032,"sku":"9788494450332","price":16.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/colleita-vermella.jpg?v=1611236536"},{"product_id":"estacion-libertad","title":"ESTACIÓN LIBERTAD","description":"Tres hermanas en Galicia ayudaron a escapar a miles de perseguidos por la Gestapo.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eEsta novela cuenta una de esas historias tan fascinantes y conmovedoras que solo puede provenir de la realidad: la aventura de tres hermanas gallegas que regentaban la humilde cantina de la estación de Ribadavia, en Orense, en los años cuarenta. Tres mujeres valientes que burlaron a las autoridades franquistas y a los agentes de la Gestapo para salvar la vida de cientos de refugiados que, gracias a ellas, lograron cruzar la frontera entre España y Portugal y partir rumbo a la libertad.\n\n \u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: La Esfera de los Libros\u003cbr\u003eIdioma: Castellano","brand":"Emilio Ruiz Barrachina","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644379246640,"sku":"9788490608081","price":19.9,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/estacion-libertad-emilio-ruiz-barrachina.jpg?v=1611236540"},{"product_id":"los-gozos-las-sombras","title":"LOS GOZOS Y LAS SOMBRAS","description":"Una de las más logradas empresas de la narrativa española contemporánea- se articula en torno a las tensiones y conflictos que genera en Pueblanueva del Conde el enfrentamiento entre la Galicia feudal, atenazada por la decadencia, y la sociedad moderna que comienza su irresistible ascenso.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eTrilogía compuesta por:\n\nEL SEñOR LLEGA narra el regreso a Pueblanueva, tras una larga ausencia, de uno de los últimos descendientes de la familia más aristocrática de la localidad, desafiada en sus aspiraciones a la hegemonía por Cayetano Salgado, un burgués enriquecido, y sienta las bases de los antagonismos que sirven de entramado a la serie.\n\nDONDE DA LA VUELTA EL AIRE ­segunda parte de la gran trilogía  suman a los protagonistas del primer volumen nuevas figuras que acaban de dibujar la realidad de Pueblanueva, al tiempo que los nuevos desarrollos en la trama proyectan una luz distinta sobre los acontecimientos ya narrados.\n\nLA PASCUA TRISTE lleva hasta su final los caracteres y destinos de sus inolvidables personajes, resolviendo de forma definitiva los conflictos entrecruzados a que da lugar, en los aÑos de la República, la yuxtaposición contradictoria de dos tiempos históricos obligados a una imposible sincronía.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Alfaguara","brand":"Gonzalo Torrente Ballester","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644380983344,"sku":"9788420472423","price":35.0,"currency_code":"EUR","in_stock":false}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/los-gozos-y-las-sombras.jpg?v=1611236582"},{"product_id":"cambio-en-tres","title":"CAMBIO EN TRES","description":"O mundo da emigración é abordado nesta novela cun xorne innovador e mesmo experimental a través do personaxe de Lisardo, que retorna a Galicia para asistir ao enterro dun amigo da infancia.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eCambio en tres, publicada no ano 1969, é a primeira novela de Carlos Casares que inaugura no ano 2004 a Biblioteca Carlos Casares.\n\nO mundo da emigración é abordado nesta novela cun xorne innovador e mesmo experimental a través do personaxe de Lisardo, que retorna a Galicia para asistir ao enterro dun amigo da infancia. Narración directa e de grande expresividade, cun monólogo interior magnificamente logrado, que esta nova edición recupera coas correccións realizadas polo propio autor antes do seu falecemento.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Galaxia\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Carlos Casares","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644384849968,"sku":"9788482886701","price":11.3,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/cambio-en-tres.jpg?v=1611236644"},{"product_id":"a-senorita-else","title":"A SEÑORITA ELSE","description":"Durante a súa ociosa estadía nun hotel de San Martino di Castrozza, Else recibe unha carta da nai na que esta lle roga que faga canto estea na súa man a fin de reunir axiña unha suma de diñeiro coa que saldar unha débeda do pai e evitar así que acabe na cadea.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e","brand":"Librería Abrente","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644399071280,"sku":"WP4762","price":13.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/4597-thickbox_default-A-se_C3_B1orita-Else-e1469393259465.jpg?v=1611236906"},{"product_id":"a-contrafio","title":"A CONTRAFÍO","description":"A contrafío (1884) é unha das obras máis orixinais do seu tempo e ocupa un lugar senlleiro na Historia da Literatura. Considerada a biblia do decadentismo, constitúe a crónica do movemento de renovación estética acontecido a finais do século XIX, non só en Francia senón na maioría de países europeos e americanos...\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e","brand":"Librería Abrente","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644399104048,"sku":"WP4760","price":16.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/4596-thickbox_default-A-contraf_C3_ADo-e1469393283161.jpg?v=1611236908"},{"product_id":"contos-e-lendas-arraianos","title":"CONTOS E LENDAS ARRAIANOS","description":"Os contos e lendas tradicionais constitúen un dos tesouros máis interesantes do patrimonio cultural popular. Transmitidos de boca en boca ao longo das xeracións, en moitos casos ao longo dos séculos, son manifestacións artísticas da fantasía colectiva e conteñen un reflexo dos medos, as esperanzas, o humor ou os soños dun pobo...\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eOs contos e lendas tradicionais constitúen un dos tesouros máis interesantes do patrimonio cultural popular. Transmitidos de boca en boca ao longo das xeracións, en moitos casos ao longo dos séculos, son manifestacións artísticas da fantasía colectiva e conteñen un reflexo dos medos, as esperanzas, o humor ou os soños dun pobo.Coa desaparición da sociedade campesiña tradicional e os seus modos de vida pérdese tamén a requintada arte do conto que se transmite de palabra, pois desaparecen os escenarios onde se producía a súa transmisión activa.Nesta obra, José Rodríguez Cruz recolle materiais narrativos diversos (contos, relatos e lendas) da tradición oral popular no territorio suroriental galego, nos concellos da Gudiña, A Mezquita e os seus arredores, na raia galego-trasmontana e na veciñanza das terras de Viana do Bolo.Organizada tematicamente, esta colección de narracións, froito dun demorado traballo de campo, salva do esquecemento os vestixios da antiga tradición dos contos populares, parte inseparable da identidade cultural galega\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e","brand":"RODRÍGUEZ CRUZ, JOSÈ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644403626032,"sku":"9788491210467","price":19.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/4509-thickbox_default-Contos-e-lendas-arraianos-e1469397575132.jpg?v=1611237056"},{"product_id":"a-dubida","title":"A DÚBIDA","description":"Unha muller é sorprendida pola chegada da policía á súa casa para deter o seu home, un político, por un presunto delito de abusos sexuais de menores.\n\n\u003cstrong\u003eXIV Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia.\u003c\/strong\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eUnha muller é sorprendida pola chegada da policía á súa casa para deter o seu home, un político, por un presunto delito de abusos sexuais de menores. A acción de “A dúbida” desencadéase a partir dese feito, que provoca o conflito psicolóxico desa muller que empeza a dubidar se coñecía realmente ao home. Un ritmo áxil, a profundidade do conflito psicolóxico e a sutileza con que a novela trata temas de actualidade como os abusos sexuais e a corrupción política son os argumentos que valorou o xurado da decimocuarta edición do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. En “A dúbida” a autora fai uso da súa experiencia como narradora para ofrecer unha historia que engancha a atención das lectoras e lectores e aborda, desde a denuncia social e a intriga, un tema pouco frecuente na literatura galega, escrita con pulsión literaria e rigor.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e","brand":"Librería Abrente","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644404052016,"sku":"WP4579","price":16.65,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/4498-thickbox_default-A-d_C3_BAbida-e1469398021812.jpg?v=1611237078"},{"product_id":"fosca","title":"FOSCA","description":"A novela une dous planos: o interese pola análise dun caso patolóxico, seguindo o ronsel da novela naturalista; e a estrutura simbólica, polos camiños do horror, o oculto e o escuro.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eFosca, asinada por Igino Ugo Tarchetti aínda que concluída por Salvatore Farina, editouse por entregas en Il Pungolo en 1869, ano no que tamén foi recollida en volume exento.\nTarchetti foi o primeiro escritor italiano en utilizar un caso de histeria como centro para unha novela; Fosca naceu tras a experiencia dun dobre amor que el mesmo vivira. En 1863, en Varese, mantivo unha relación sentimental con Carlotta Ponti, e en 1865 coñeceu en Parma unha parente dun superior seu (Carolina ou Angiolina), enferma de histeria e epilepsia e a piques de morrer que, malia non ser en absoluto agraciada, suscitou nel unha grande atracción. O protagonista, Giorgio, narra en primeira persoa as súas experiencias amorosas, que se remontan cinco anos atrás, con dúas mulleres: Clara, a dama fermosa e serena, coa que vive unha relación feliz e pracenteira; e Fosca, unha muller fea, histérica e cunha sensibilidade enfermiza.A novela une dous planos: o interese pola análise dun caso patolóxico, seguindo o ronsel da novela naturalista; e a estrutura simbólica, polos camiños do horror, o oculto e o escuro. Deste xeito, o tema do amor está presente na novela consonte dous modelos contrapostos: o romántico, co adulterio que entra en conflito coas regras sociais; e o típico da Scapigliatura, o amor visto nos seus aspectos morbosos, patolóxicos e asociado á enfermidade e á morte. A novela, a máis importante do autor, inaugurou en 1971 a colección «Centopagine» dirixida por Italo Calvino, quen afirmou: «Fosca é unha personaxe entre liberty e dannunziana anticipada polo menos vinte anos nun mundo que non é o seu».\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e","brand":"Librería Abrente","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644410015792,"sku":"WP4302","price":12.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/4380-thickbox_default-fosca-4380-e1460749616758.jpg?v=1611237286"}],"url":"https:\/\/libreriaabrente.es\/gl\/collections\/novela-general.oembed?page=24","provider":"Librería Abrente","version":"1.0","type":"link"}