Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

DILUVIO. TANXUGUEIRAS(CD)

€18,00
ISBN 8318052022119

Tanxugueiras son a (r)evolución da música tradicional galega: tres cantareiras para unha nova década. Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro reinterpretan os sons dunha tradición milenaria fusionándoa con ritmos urbanos, máis próximos ao trap ou á electrónica.

“Diluvio”, o seu terceiro disco, é unha viaxe de preguntas, de cuestionar crenzas e presuntas culpas. Un camiño a través dos verbos ver, escoitar, equivocar, lembrar, recuperar, abrazar, empoderar… 
A súa enerxía, a súa contundencia e o seu virtuosismo vocal son os máximos expoñentes. Son o son dun pobo internacionalizado. Son a cultura tradicional na pista de baile. Son todos os mundos nun só. Porque para Tanxugueiras “non hai fronteiras”.

Cancións:

Treboada
Arica
Desidia
Midas
Pano corado
Sorora
Seghadoras
Averno
Figa
Fame de odio
Terra
Acougo

_____

*Ub: 4