Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

BUSCANDO A CLARA (HISTORIAS COÑECERMOS VIGO 10)

€11,00
ISBN 9788494878640

O antigo Concello de Lavadores, antes de unirse ao de Vigo, foi testemuña dun forte movemento agrarista de carácter sindical. A Sociedade Agraria de Lavadores foi das máis potentes de Galiza. Nos anos de Concello independente, Lavadores chegou a ter un alcalde agrarista.

Barreiro, Cabral, Candeán, Santa Mariña foron barrios e parroquias vencelladas ao sindicalismo agrario que no futuro daría paso ao sindicalismo de clase obreira.

Unha vez anexionado a Vigo, a industrialización da cidade provocou que moitos destes veciños e veciñas alternasen a actividade agraria coa industrial. A implantación da cerámica Santa Clara e mesmamente a liña do tranvía fixo máis doado o proceso.

Na actualidade Cabral, Candeán e Santa Mariña manteñen un marcado perfil rural con terras dedicadas ao labor e montes comunais ou lugares que se constitúen en verdadeiras aldeas urbanas, que resisten o avance da expansión dos plans de actuacións urbanísticos.

A novela Buscando a Clara desenvólvese nestes espazos máis afastados do centro da cidade, nos que o pasado agrario adoita ter un papel predominante, onde os soutos, os regatos, os lavadoiros e a paisaxe se mesturan coas personaxes protagonistas, de tal xeito que deixan unha forte pegada na súa personalidade.

As protagonistas transitan desde un xeito de vida agrario a un xeito de vida urbano, dun mundo real a un mundo máxico, na procura de novas identidades e relacións, pero fachendosas das súas orixes ancestrais.

____

Editorial: ELVIRA

Idioma: Gallego