Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

MÁIS ALÁ

€12,00
ISBN 9788494034954
Terceira entrega da serie «Castelao». Durante a Asemblea de Monforte das Irmandades da Fala, Castelao recibe o encargo de recoller nun artigo para a revista Nós a experiencia da súa viaxe por Europa.

Isto levarao a rememorar a súa estadía de 1921 en París coas súas continúas visitas aos museos, e os seus encontros co filósofo Bergson, o pintor Corredoira e o músico Manuel Quiroga, entre outros, a través dos cales poderemos ver algúns dos seus posicionamentos éticos e estéticos, ao mesmo tempo que se amosa a súa vida cotiá na Pontevedra daquela época.              

____

Editorial: Demo
Idioma: Gallego