{"title":"EMILIO ARAUJO","description":"\u003cdiv class=\"n6owBd awi2gc\"\u003e\n\u003cstrong class=\"rQesXe MPyX\"\u003eEmilio Araúxo Iglesias\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/strong\u003e (nado en Coles, Ourense, en \u003cstrong class=\"rQesXe MPyX\"\u003e1946\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/strong\u003e) é un dos creadores máis singulares, independentes e inconfundibles da cultura galega contemporánea.\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv class=\"n6owBd awi2gc\"\u003eLicenciado en Filosofía, destaca pola súa poliédrica traxectoria como filósofo, poeta, etnógrafo, fotógrafo, editor e tradutor. \u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv class=\"n6owBd awi2gc\"\u003eConsiderado un auténtico \"autor de culto\", Araúxo consagrou gran parte da súa vida a construír a memoria da tribo, exercendo como un cronista poético do macrocosmos da labranza, o pastoreo de alta montaña e as manifestacións máis ancestrais do Entroido galego.\u003c\/div\u003e","products":[{"product_id":"ceo-cerca-da-terra","title":"CEO CERCA DA TERRA","description":"Ilimitada e continuante, unha lúa de confianza entre fial e fial das nubes de nomes da Serra de Queixa. As distancias do tempo da serra falando, na discontinuidade de sombras no aire dunha pluma de curuxa.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eO cancireixo é unha árbore escrava. Corzos debaixo da neve que levantas as balas. Antes a neve botaba meses e meses sen se levantar do sitio. Daquelas a res corría máis terra ca hoxe. As palabras son as que hai que saber. Cada cabeza é un mundo. O aire do norte é bravo. O custerio vais empre na traseira. A flor da árnica. A copla do Leandro. Todo o día encima da fouce. Non todo o que queda no monte o come o lobo. O estante do Lombeiro do Carballal. Cando foi da guerra. As aldeas desaparecidas e as que están desaparecendo. Vén a res pola Canella dos Lagartos.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Toxosoutos\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Emilio Araúxo","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644126801968,"sku":"9788494896699","price":20.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/Ceo-cerca-da-terra-Toxo.jpg?v=1611230715"},{"product_id":"8428","title":"ONS ONDAS DO MAR RISO","description":"Algunhas páxinas do mar parlado. A illa de Ons.\n\nUn dicionario de pedras perperuas.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eDescribíndose pouco a pouco da sombra da xente e dos paxaros\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Toxosoutos\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Emilio Araúxo","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644290445360,"sku":"9788494834172","price":15.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/ons-ondas-do-mar-riso.jpg?v=1611234136"},{"product_id":"no-retrato-dos-alustros","title":"NO RETRATO DOS ALUSTROS","description":"Un libro para viaxar unha miga na orella de nube de palabra felo. E dous eixes de mundo, dous entroidos, o de Lumeares e o de Parada do Sil, que renacendo veñen marcar a luz do ceo como preceptos de pensamento. Lumeares na precisión rugosa da noción de madama, viaxe nas trasgadas da palabra felo, da palabra irrio, da palabra irria, felos, irrios, madamas, buscando un pregue inédito na melancolía do olvido. Noutro renacemento de ruralidade, os anxeos de Parada do Sil, os anxeos de Parada do Sil, coma unha cuadrilla de heresiarcas na porfía poética de enumerar as ameazas.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eEscribindo no aire esbaxoado as frases da revisitación e das despedidas, e a rente do chao, co ruído descritivo da motoserra mordendo nas canelas, dándolle voz ós versos de Philippe Beck, cando se fala dunha árbore que segue de pé, estase a falar dunha árbore preasasinada, as follas son linguas que aínda non empezaron a falar. E tantas pedras aínda impensadas.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Toxosoutos\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Emilio Araúxo","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644290510896,"sku":" 9788494834110","price":16.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/No-retrato-dos-alustros.jpg?v=1611234142"},{"product_id":"chancras","title":"CHANCRAS","description":"Álbum fotográfico en b\/n arredor dos zocos e as zocas.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Toxosoutos\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Emilio Araúxo","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644306174000,"sku":"9788494771934","price":12.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/chancras.jpg?v=1611234693"},{"product_id":"miltempos","title":"MILTEMPOS","description":"No inmemorial, na labranza.\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003eEditorial: Toxosoutos\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Emilio Araúxo","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644329242672,"sku":"9788494683701","price":16.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/miltempos-def.jpg?v=1611235646"},{"product_id":"roupa-gastabamola-escura","title":"A ROUPA GASTABÁMOLA ESCURA","description":"Sempre. E traballo. As enrugas aquí aínda do tempo. Sempre no traballo. Comida polo sol, a cor disciplinada da roupa. A roupa escura na que embocan os vivos e os mortos. No espello de aire a terra trae a visión sufrida dos corpos. Aparición e desaparición de remendos. Ideas. Na corga, enterrada n folla, pola orella, pola asa, pota furada para a cabeza dun espantallo.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003ePáxina, abandonada, de caluga, camiños borrados da xente ofrecida. O sitio da boca. O sitio dos ollos. Avésporas lonxe, as caras son flor de olvido. Vivos sempre, para os paxaros, os farrapos por aí colgados.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003chr style=\"height: 1px; border-width: 0; background-color: #E6E7EE;\"\u003e\u003cbr\u003eEditorial: Toxosoutos\u003cbr\u003eIdioma: Gallego","brand":"Emilio Araúxo","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644357161008,"sku":" 9788494410543","price":0.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/a-roupa-gastabamola-oscura.jpg?v=1610158545"},{"product_id":"pzoema-zamarrada-peliqueiro","title":"PZOEMA ZAMARRADA PELIQUEIRO","description":"Que virtudes dotan ó Entroido de Laza das súas insólitas características e do seu profundo sentido?.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cdiv id=\"details-content\"\u003eDe todas as mascaradas ás que puiden asistir en numerosos países, a de Laza é a máis atractiva, a máis desconcertante e a que presenta os rituais máis misteriosos. A miña experiencia vital estará unida a Laza para sempre. Medrei alí neses días dende que rematei a miña carreira aprendendo cómo fan unha \"obra artística\", vital e xocosa cos seus corpos, cos seus traxes e coas súas instalacións. Despois de coñecer outros carnavais e festas, sinto que en Laza é onde saben \"crear\" vida e emoción e embarcarnos a todos os demais nesa estraña e excitante maneira de vivire, aínda que soamente sexa durante eses días máxicos. ¿Que virtudes dotan ó Entroido de Laza das súas insólitas características e do seu profundo sentido?. O atributo esencial do Entroido é o dun tempo á parte do tempo ordinario, un tempo no que se dá vía libre a licenciosos, alegres e extravagantes comportamentos e respresentacións, un tempo ó revés no que se instala o caos, a loucura e o desatino. Por medio do humor, a sátira e a risa, irreductíbeis aliados da transgresión dos límites impostos por moralidades, intereses, usos e poderes, o pobo de Laza recoñece e explora parcelas agachadas e conflitivas da existencia coma o pracer e a tribulación, o amor e a inxustiza, a colectividade e o individuo, a autoridade e a anarquía.\u003c\/div\u003e\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e","brand":"Librería Abrente","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644407328816,"sku":"WP4481","price":20.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/4446-thickbox_default-PZOEMA-ZAMARRADA-PELIQUEIRO-e1469479261276.jpg?v=1611237175"},{"product_id":"balbina","title":"BALBINA (BALBINA LÓPEZ ROXO)","description":"Balbina López Roxo. Dende nena, na revolta contra o poder patrialcal. Dende nena na loita obreira. Vive en primeira liña de corazón xombativo a Guerra Civil. participa despois na Resistencia contra os nazis en Francia. Enlace máis tarde da guerrilla antifranquista en galicia. Acompaña activamente ao cabo a Revolución Cubana...\u003cbr\u003e\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e","brand":"Librería Abrente","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644425711664,"sku":"WP3881","price":13.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/4138-thickbox_default-balbina-balbina-lopez-roxo-4138-e1461591059532.jpg?v=1611237683"},{"product_id":"recordos-de-entroido","title":"RECORDOS DE ENTROIDO","description":"\u003cp\u003eCatro extraordinarias manisfestacións de entroido que sobreviven , renacendo reacentuadas , á beira do inesquecible Río do Esquecemento . O alento de porvir e de paz dos Cabreiros de Muiños . A bendición vexetal dos Follateiros de Lobios . A sutileza liberadora das Madamitas de Entrimo . O espello de mundo reconcilidado dos Troteiros de Bande .\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEditorial: Toxosoutos\u003cbr\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 215\u003cbr\u003eSAMAIN\u003cbr\u003eENTROIDO\u003c\/p\u003e","brand":"Emilio Araúxo","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":39353716604976,"sku":"9788412254143","price":18.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/entroido.jpg?v=1616413113"},{"product_id":"canda-as-mazcaras-a-xironda","title":"CANDA AS MAZCARAS (A XIRONDA)","description":"\u003cdiv id=\"contratapa-long\"\u003eA idea do mundo que se reconstrúe en cada xesto de mázcara. Unha sinuosa xenialidade da Raia. Incidencias de espazo e creacións de tempo. A Xironda.\u003cbr\u003eA Intimidade dos nomes fóra dos corpos. Un intervalo de corazóns convencidos do remate do desánimo. E algúns apuntes no horizonte compartido de Cualedro, Vilar de Lebres ou Vilar de Perdizes. E a etnografía na voz de Michéle Chadeisson e do padre Fontes. E o poema na voz de Eiléan Ní Chuilleanáin e de Helena Eriksson.\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv class=\"text-center\"\u003e\u003c\/div\u003e\n \u003cbr\u003e\n\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e\nEditorial: Toxosoutos 2022\u003cbr\u003eIdioma: Galego","brand":"Emilio Araúxo","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":39940992532528,"sku":"9788412422689","price":16.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/978841242268.jpg?v=1642022507"},{"product_id":"nunha-brancura-de-cella-ancares","title":"NUNHA BRANCURA DE CELLA. ANCARES","description":"\u003cspan data-mce-fragment=\"1\"\u003eUns apuntes de situación, da situación de mundo dos Ancares a finais dos anos 80 e principios dos anos 90 do século XX, no que atinxe tanto ás realidades materiais como ás realidades ideais. Apuntes e voces, a proximidade das cousas no espazo fibrado de néboa dun goxo. Aínda un pequeno portelo para entrar na amplitude de vida daquel universo. Unha cella, unha morea de neve que prometeu o vento. E a ponte pobre das bágoas, a nube de sentimento dunha porfía de atención.\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\n\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEditorial: Toxosoutos\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eIdioma: Galego\u003c\/p\u003e","brand":"EMILIA ARAÚXO","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":40193603371056,"sku":"9788412491074","price":18.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/978841249107.jpg?v=1651577031"},{"product_id":"habia-boa-vontade-e-repartiase-co-sinor-afranio","title":"HABÍA BOA VONTADE E REPARTÍASE CO SIÑOR AFRANIO","description":"\u003cp\u003e\u003cspan data-mce-fragment=\"1\"\u003eDándalle aínda voz ós pasos tutelares do siñor Afranio. Aldeas polas que pasou, ruinas pensantes que cortan o paso. A errancia ao cabo dunha firma que afirmaba o porvir. O pulo dunha chamada quie segue buscando. E sempre na liña de lama, non desviando nuna da liña, cun quizo, das matemáticas na lama dos camiños. Por onde se conta a súa historia, bendicido sempre cun desexo de ceo.\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e_____\u003cbr\u003eEditorial: Toxosoutos 11-2022\u003cbr\u003eIdioma: Galego\u003c\/p\u003e","brand":"Emilio Araúxo","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":40666365100080,"sku":"9788412591521","price":16.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/978841259152.jpg?v=1669667877"},{"product_id":"un-resplandor-de-lua-a-ola","title":"UN RESPLANDOR DE LÚA. A OLA","description":"\u003cspan data-mce-fragment=\"1\"\u003eAlgunhas páxinas de barro para revisitar o universo da olaría a través da figura da ola. As sombras de sentimento de forma indesgastada das olas aínda no cumio dos tellados. Nos encontros, nas despedidas, olas aínda hoxe cando se erguen os brazos. Non morreu aínda a noite da ola no silencio das cociñas. Debaixo dunha ancestralidade de palla, o colmo do tellado andando aínda por riba de ti. Unha idea de mundo tecida coas entrevivas, coas liñas de ola no espaxo común. Memorizada nas mans,unha promesa de terra cocida, un arquivo de emocións extensivas. Cun paxaro de neve, ola elevándose na liña dos montes ó empardecer o día. Cun paxaro de neve, ola elevándose na liña dos montes ó empardecer o día. Curisca tocándolle a todas as cousas, para alí tirada nunha touza, para alí atravesada, unha bágoa baleira, unha bágoa de barro media esborcelada e escaspada das xiadas, a sinatura chamando dunha ola calquera.\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\n\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e\nEditorial: Toxosoutos 03-2023\u003cbr\u003eIdioma: Galego","brand":"EMILIO ARAÚXO","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":46489619628379,"sku":"9788412670189","price":20.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/978841267018.jpg?v=1681142414"},{"product_id":"mormentelos","title":"MORMENTELOS","description":"\u003cp\u003e\u003cspan\u003eSubtraída das présas da imaxe ávida, a invisibilidade da serra vén devagar. Mormentelos, sentindo, cando se pronuncia o nome, a respiración agradecida da vida. A inagotable memoria da neve, o tempo gardando nos círculos virando das máscaras. As anfractuosidades de néboa embebidas sempre nos corpos. A clandestinidade emotiva de cada palabra entre as uceiras. A dor claridade das páxinas de trono. O dispositivo de brancura meditada dos carreiróns das res, cada xesto por alí arriba é o camiño interior dun pensamento....\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e\n\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e Editorial: Toxosoutos 02-2024\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003eIdioma: Galego\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e","brand":"EMILIO ARAÚXO","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47700116308315,"sku":"9788412748994","price":20.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/978841274899.jpg?v=1708344309"},{"product_id":"xuntase-toda-a-onda-o-entroido-en-barcia-e-vilaverde","title":"XUNTASE TODA A ONDA (O ENTROIDO EN BARCIA E VILAVERDE)","description":"\u003cp\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEditorial: Toxosoutos\u003cbr\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 365\u003cbr\u003eSAMAIN\u003cbr\u003eENTROIDO\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e","brand":"Emilio Araúxo","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":51539594838363,"sku":"9788412061383","price":20.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/978841206138.jpg?v=1760519589"},{"product_id":"a-cara-da-serra","title":"A CARA DA SERRA DO LADO D'AS FORCADAS","description":"\u003cdiv class=\"n6owBd awi2gc\"\u003e\n\u003cstrong class=\"rQesXe MPyX\"\u003e\"A cara da serra (do lado d´As Forcadas)\"\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/strong\u003e é un libro profundamente antropolóxico e poético escrito polo filósofo, tradutor e poeta galego \u003cstrong class=\"rQesXe MPyX\"\u003eEmilio Araúxo\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/strong\u003e. A obra constitúe un exercicio de memoria histórica e etnográfica dedicado a rescatar e dignificar a vida rural máis illada de Galicia.\u003cspan\u003e [\u003ca href=\"https:\/\/www.amazon.es\/cara-serra-lado-d%C2%B4As-Forcadas\/dp\/B0GQPKYVT2\"\u003e1\u003c\/a\u003e]\u003c\/span\u003e\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv class=\"yhAwj\"\u003e\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv class=\"otQkpb\" role=\"heading\"\u003eExe central da obra\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv class=\"n6owBd awi2gc\"\u003eO libro sitúase no corazón xeográfico e humano do \u003cstrong class=\"rQesXe MPyX\"\u003eMacizo Central Ourensán\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/strong\u003e, tomando como referencia a paraxe da \u003cstrong class=\"rQesXe MPyX\"\u003eSerra de Queixa\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/strong\u003e e, de xeito moi específico, a aldea de \u003cstrong class=\"rQesXe MPyX\"\u003eForcadas\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/strong\u003e (no concello de Chandrexa de Queixa).\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv class=\"n6owBd awi2gc\"\u003eAraúxo constrúe a narración a través de varios piares fundamentais:\u003cspan\u003e\u003c\/span\u003e\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cul class=\"KsbFXc U6u95\"\u003e\n\u003cli class=\"Z1qcYe\"\u003e\n\u003cspan class=\"iNqyIf\"\u003e\u003cstrong class=\"rQesXe MPyX\"\u003eO pastoreo de alta montaña:\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/strong\u003e O texto serve como un dos derradeiros e máis valiosos testemuños documentais sobre a vida dos pastores de alta montaña en Galicia, unha práctica milenaria en vías de desaparición.\u003cbr\u003e\u003c\/span\u003e\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003cspan class=\"iNqyIf\"\u003e\u003cstrong class=\"rQesXe MPyX\"\u003eA memoria oral:\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/strong\u003e O autor dálles voz directa ás xentes da serra. A través dos seus xestos, as súas palabras, os seus silencios e os seus recordos, vaise debullando a dureza física pero tamén a amplitude do pensamento dun pobo apegado á terra.\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/span\u003e\n\u003cdiv tabindex=\"0\"\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/div\u003e\n\u003cspan\u003e\u003c\/span\u003e\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\n\u003c\/li\u003e\n\u003cli class=\"Z1qcYe\"\u003e\u003cspan class=\"iNqyIf\"\u003e\u003cstrong class=\"rQesXe MPyX\"\u003eA paisaxe como personaxe:\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/strong\u003e Elementos coma os grandes rabaños espallándose no poñente á noitiña, as uceiras, a herba, os carreiros de montaña e unha perenne memoria da neve configuran un espazo físico que esculpe a psicoloxía dos seus habitantes.\u003c\/span\u003e\u003c\/li\u003e\n\u003c\/ul\u003e\n\u003cp\u003e\u003cspan\u003eOs grandes rabaños da serra espallándose no poñente á noitiña.\u003cbr\u003eUnha memoria de neve. Unha cosntelación ao lonxe reactivando as luminescencias da vida. A infancia do ollos podo dar fe. A idea de herba, a idea de uceira, a idea de pan e de paz por todos os carreiros. Inda vivos, algúns nomes debaixo dun sudario de terra queimada.\u003cbr\u003eUn dos derradeiros testemuños do pastoreo de alta montaña en Galicia, o espazo de acollida da cara da serra nas voces, nos xestos, na amplitude temporal dos pensamentos de presente, de pasado e de porvir das xentes do Macizo Central. O tempo inmemorial da Serra de Queixa falando, e dándolle outra calma á lectura do posible.\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cdiv class=\"n6owBd awi2gc\"\u003e\u003cstrong class=\"rQesXe MPyX\"\u003eAUTOR\u003c\/strong\u003e\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv class=\"n6owBd awi2gc\"\u003e\n\u003cstrong class=\"rQesXe MPyX\"\u003eEmilio Araúxo Iglesias\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/strong\u003e (nado en Coles, Ourense, en \u003cstrong class=\"rQesXe MPyX\"\u003e1946\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/strong\u003e) é un dos creadores máis singulares, independentes e inconfundibles da cultura galega contemporánea.;Licenciado en Filosofía, destaca pola súa poliédrica traxectoria como filósofo, poeta, etnógrafo, fotógrafo, editor e tradutor. \u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv class=\"n6owBd awi2gc\"\u003eConsiderado un auténtico \"autor de culto\", Araúxo consagrou gran parte da súa vida a construír a memoria da tribo, exercendo como un cronista poético do macrocosmos da labranza, o pastoreo de alta montaña e as manifestacións máis ancestrais do Entroido galego.\u003cspan\u003e \u003cbr\u003e\u003c\/span\u003e\n\u003cdiv class=\"otQkpb\" role=\"heading\"\u003e\n\u003cstrong\u003eBiografía e Traxectoria\u003c\/strong\u003e\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv class=\"n6owBd awi2gc\"\u003eTras completar os seus estudos de Filosofía, exerceu brevemente como docente nun colexio rural de Xinzo de Limia e posteriormente traballou dous anos como profesor asistente de \u003cstrong class=\"rQesXe MPyX\"\u003eEstética na Universidade de Santiago de Compostela (USC)\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/strong\u003e. Tras aprobar a oposición, pasou a residir en \u003cstrong class=\"rQesXe MPyX\"\u003eSacardebois (Parada de Sil)\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/strong\u003e, no corazón da Ribeira Sacra. Alí non só estableceu a súa base creativa, senón que foi dando forma a un pequeno \u003cstrong class=\"rQesXe MPyX\"\u003emuseo etnográfico persoal\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/strong\u003e dedicado a preservar os obxectos e a sabedoría do mundo labrego.\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv class=\"n6owBd awi2gc\"\u003eA súa escrita sitúase nun espazo marabillosamente híbrido que desdibuxa as fronteiras entre a \u003cstrong class=\"rQesXe MPyX\"\u003epoesía pura, o ensaio filosófico, a fotografía documental e a recollida oral\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/strong\u003e. A súa obra fuxe por completo dos circuítos comerciais convencionais. De feito, dende o ano \u003cstrong class=\"rQesXe MPyX\"\u003e2001\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/strong\u003e dirixe de forma militante o proxecto editorial non venal \u003cstrong class=\"rQesXe MPyX\"\u003eAmastra-N-Gallar\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/strong\u003e, a través do cal publicou máis de corenta obras de poetas internacionais e impulsou a difusión dos denominados \"felo-textos\" ligados ao Entroido de Maceda.\u003cspan\u003e \u003cbr\u003e\u003c\/span\u003e\n\u003cdiv class=\"otQkpb\" role=\"heading\"\u003ePublicacións Destacadas\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv class=\"n6owBd awi2gc\"\u003eA produción bibliográfica de Emilio Araúxo é moi prolífica e atópase repartida entre os seus cadernos independentes e coidadas edicións en selos como \u003cspan class=\"iNqyIf\"\u003eEditorial Toxosoutos\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/span\u003e, Chan da Pólvora ou Axóuxere. As súas obras agrúpanse principalmente en dúas grandes correntes interconectadas:\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv class=\"yhAwj\"\u003e\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv class=\"AdPoic\" role=\"heading\"\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv class=\"AdPoic\" role=\"heading\"\u003e1. \u003cstrong\u003ePoesía e Indagación Lítica\u003c\/strong\u003e\u003cspan\u003e\u003c\/span\u003e\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cul class=\"KsbFXc U6u95\"\u003e\n\u003cli class=\"Z1qcYe\"\u003e\n\u003cspan class=\"iNqyIf\"\u003e\u003cstrong class=\"rQesXe MPyX\"\u003e\u003cem class=\"zhvwWe\"\u003eCinsa do vento: libro da Ribeira Sacra\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/em\u003e (1996):\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/strong\u003e Unha das súas obras fundacionais, reeditada posteriormente, que serve de canto telúrico á xeografía e ao silencio das ribeiras do Sil.\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/span\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\n\u003c\/li\u003e\n\u003cli class=\"Z1qcYe\"\u003e\n\u003cspan class=\"iNqyIf\"\u003e\u003cstrong class=\"rQesXe MPyX\"\u003e\u003cem class=\"zhvwWe\"\u003ePois\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/em\u003e (1997) e \u003cem class=\"zhvwWe\"\u003eAs chairas da letra\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/em\u003e (1997):\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/strong\u003e Poemarios de corte máis filosófico e minimalista.\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/span\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\n\u003c\/li\u003e\n\u003cli class=\"Z1qcYe\"\u003e\n\u003cspan class=\"iNqyIf\"\u003e\u003cstrong class=\"rQesXe MPyX\"\u003e\u003cem class=\"zhvwWe\"\u003eXa é día grande\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/em\u003e (2018):\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/strong\u003e Editado por Chan da Pólvora, afonda na súa liña poética máis depurada.\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/span\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\n\u003c\/li\u003e\n\u003cli class=\"Z1qcYe\"\u003e\n\u003cspan class=\"iNqyIf\"\u003e\u003cstrong class=\"rQesXe MPyX\"\u003e\u003cem class=\"zhvwWe\"\u003eTal vez sí\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/em\u003e (2024):\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/strong\u003e Publicado en edición bilingüe por Kriller71, este libro toma como eixo central os diálogos e a figura de Isolina Pumar, unha anciá campesiña coa que o autor mantivo unha longa e lúcida relación de escoita.\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/span\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\n\u003c\/li\u003e\n\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\n\u003c\/ul\u003e\n\u003cdiv class=\"yhAwj\"\u003e\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv class=\"AdPoic\" role=\"heading\"\u003e2\u003cstrong\u003e. Etnografía, Memoria Oral e Crónica da Serra\u003c\/strong\u003e\u003cspan\u003e\u003c\/span\u003e\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cul class=\"KsbFXc U6u95\"\u003e\n\u003cli class=\"Z1qcYe\"\u003e\n\u003cspan class=\"iNqyIf\"\u003e\u003cstrong class=\"rQesXe MPyX\"\u003e\u003cem class=\"zhvwWe\"\u003eTempos serodios\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/em\u003e (1996):\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/strong\u003e Prosa narrativa centrada nas andainas e o simbolismo dos personaxes do Entroido (como os Felos de Maceda).\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/span\u003e\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\n\u003c\/li\u003e\n\u003cli class=\"Z1qcYe\"\u003e\n\u003cspan class=\"iNqyIf\"\u003e\u003cstrong class=\"rQesXe MPyX\"\u003e\u003cem class=\"zhvwWe\"\u003eSombra respirada dunha reliquia (barquilleiros)\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/em\u003e (2012):\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/strong\u003e Un valioso rescate da memoria dos antigos barquilleiros ourensáns.\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/span\u003e\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\n\u003c\/li\u003e\n\u003cli class=\"Z1qcYe\"\u003e\n\u003cspan class=\"iNqyIf\"\u003e\u003cstrong class=\"rQesXe MPyX\"\u003e\u003cem class=\"zhvwWe\"\u003eChancras\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/em\u003e (2017) e \u003cem class=\"zhvwWe\"\u003eBalbina\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/em\u003e (2015):\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/strong\u003e Libros que rexistran a dureza, as voces e o transcorrer do tempo nas pequenas aldeas.\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/span\u003e\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\n\u003c\/li\u003e\n\u003cli class=\"Z1qcYe\"\u003e\n\u003cspan class=\"iNqyIf\"\u003e\u003cstrong class=\"rQesXe MPyX\"\u003e\u003cem class=\"zhvwWe\"\u003eNa neve do lobo da xente\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/em\u003e (2020):\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/strong\u003e Crónica etnográfica e fotográfica ambientada na parroquia de Chaguazoso.\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/span\u003e\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\n\u003c\/li\u003e\n\u003cli class=\"Z1qcYe\"\u003e\n\u003cspan class=\"iNqyIf\"\u003e\u003cstrong class=\"rQesXe MPyX\"\u003e\u003cem class=\"zhvwWe\"\u003eXúntase toda a terra (O Entroido en Barcia e Vilaverde)\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/em\u003e (2020):\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/strong\u003e Unha monumental investigación de máis de 360 páxinas sobre o simbolismo social e ritual do entroido rural.\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/span\u003e\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\n\u003c\/li\u003e\n\u003cli class=\"Z1qcYe\"\u003e\n\u003cspan class=\"iNqyIf\"\u003e\u003cstrong class=\"rQesXe MPyX\"\u003e\u003cem class=\"zhvwWe\"\u003eO filósofo do arado (Varela Buxán)\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/em\u003e (2021):\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/strong\u003e Estudo e homenaxe ao gran dramaturgo da Galicia labrega.\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/span\u003e\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\n\u003c\/li\u003e\n\u003cli class=\"Z1qcYe\"\u003e\n\u003cspan class=\"iNqyIf\"\u003e\u003cstrong class=\"rQesXe MPyX\"\u003e\u003cem class=\"zhvwWe\"\u003eA cara da serra (do lado d´As Forcadas)\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/em\u003e (2023):\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/strong\u003e Intensa memoria dedicada ao pastoreo de alta montaña no Macizo Central Ourensán.\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/span\u003e\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\n\u003c\/li\u003e\n\u003cli class=\"Z1qcYe\"\u003e\n\u003cspan class=\"iNqyIf\"\u003e\u003cstrong class=\"rQesXe MPyX\"\u003e\u003cem class=\"zhvwWe\"\u003eMormentelos (Vai quedar a serra soa)\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/em\u003e (2023):\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/strong\u003e Unha elexía poética e fotográfica sobre o despoboamento absoluto das serras e a perda dun estilo de vida milenario.\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/span\u003e\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\n\u003c\/li\u003e\n\u003cli class=\"Z1qcYe\"\u003e\u003cspan class=\"iNqyIf\"\u003e\u003cstrong class=\"rQesXe MPyX\"\u003e\u003cem class=\"zhvwWe\"\u003eHabía boa vontade e repartíase co Siñor Afranio\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/em\u003e (2022\/2023):\u003c!--TgQPHd|||[]--\u003e\u003c\/strong\u003e Unha das súas últimas xoias de narrativa documental nas que recolle a filosofía cotiá do agro.\u003c\/span\u003e\u003c\/li\u003e\n\u003c\/ul\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e Editorial: Toxosoutos 02-2026\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 350\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e","brand":"EMILIO ARAÚXO","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":52270026719579,"sku":"9791399119275","price":20.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/979139911927.jpg?v=1770727992"},{"product_id":"na-neve-do-lobo-da-xente-chaguazoso","title":"NA NEVE DO LOBO DA XENTE ( CHAGUAZOSO )","description":"\u003cp\u003e\u003cspan\u003eNa páxina de sombra dunha corna de cabra , a vida da serra escribíndose coas pisadas de promesa do tempo . O Lobo da Xente . O folión e as foliadas do entrudio , as lardeiras e os lardeiros . Versos que facían chorar ás pedras . Unha copla que tiveron . O reponso do lobo . En conversación sempre se xera un cariño . Estamos esperando a lúa . Aquela xentiña era dinga de querer . A cotolovía desfaise cantando . A res rompía aínda que che dése a neve pola cintura . As aldeas quedamos na rexión do esquecemento .\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e Editorial: Toxosoutos 12-2020\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 187\u003cbr\u003e\u003cspan\u003ePROSA POÉTICA\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e","brand":"EMILIO ARAÚXO","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":52271500198235,"sku":"9788412254136","price":17.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/978841225413.jpg?v=1770729661"},{"product_id":"a-res-vai-arraiada","title":"A RES VAI ARRAIADA","description":"\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e Editorial: Toxosoutos 01-2016\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 187\u003cbr\u003e\u003cspan\u003ePOESÍA\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e","brand":"EMILIO ARAÚXO","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":52271985819995,"sku":"9788494548352","price":18.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/978849454835.jpg?v=1770730006"}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/collections\/MJ8C4F2_184840.webp?v=1788899432","url":"https:\/\/libreriaabrente.es\/gl\/collections\/emilio-araujo.oembed","provider":"Librería Abrente","version":"1.0","type":"link"}