Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

CAMIÑOS DE SANTIAGO. 50 ANOS DE PROTECCIÓN PATRIMONIAL DUN ITINERARIO CULTURAL

€25,00
ISBN WP595
Galiza é punto de chegada das sete rutas históricas de peregrinaxe a Santiago de Compostela. Porén, o máis senlleiro patrimonio cultural galego, internacionalmente recoñecido como patrimonio da Humanidade, é tamén un dos máis ameazados.

O seu territorio histórico, formalmente protexido desde 1962, foi obxecto dunha lexislación insuficiente frente á intensiva explotación turística, á que se lle engadiron outros aproveitamentos vinculados ao desenvolvemento capitalista (concentración parcelaria, infraestruturas xerais, explotacions mineiras, parques eólicos) que deturpan irreversiblemente a autenticidade e integridade do primeiro itinerario cultural mundial. No contexto dunha crise económica que se engade á tradicional falta de sensibilidade patrimonial dos poderes públicos e privados, a transmisión deste patrimonio cultural ás xeracions futuras obriga á aplicación firme dun marco legal máis coherente. Velaí o desafío deste libro.

____