OBRAS CASTELAO T.IV
ISBN 9788482883977
Materiais en parte inéditos para achegarnos á faceta de orador de Castelao.
A edición deste libro supón a reunión de materiais esenciais para descubrir e analizar o pensamento político de Castelao, que en boa parte se atopaban inéditos. O libro conta cunha extensa introducción dun cento de páxinas a cargo de Henrique Monteagudo. O seu contido estructúrase en "Palestras de arte. 1911-1932", "Discursos parlamentares e políticos. 1931-1936", "Conferencias na Universidade da Habana. 1938-1939" e "Apéndices".
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo 1886-Bos Aires 1950) é unha das personalidades máis ricas e fecundas do movemento galeguista. Licenciado en Medicina, abandonou moi cedo a práctica desa profesión para dedicarse ás que eran as súas verdadeiras vocacións: a arte e a reivindicación integral de Galicia. A súa actividade desenvolveuse na creación literaria, no xornalismo gráfico, na pintura, no teatro e na política. Membro destacado da Xeración Nós e home comprometido, no marco do Partido Galeguista, coa defensa da autonomía para Galicia e coa causa republicana, a súa figura alcanzou co paso do tempo unha dimensión mítica. Entre as súas obras máis importantes están Cousas, Cousas da vida, Os vellos non deben de namorarse, Os dous de sempre, Sempre en Galiza e Retrincos. En 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra Ben de Interese Cultural.
____
Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego