Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

O NACIONALISMO CÍVICO

€12,00
ISBN 9788484871290

Esta obra recibiu o primeiro premio na modalidade de Investigación Lingüística e Literaria no Certame "Carvalho Calero" que convoca anualmente o Concello de Ferrol, na XV convocatoria correspondente ao ano 2005.

Nun momento en que o nacionalismo ten responsabilidades institucionais e políticas de primeira orde tamén cómpre reflexionar sobre a historia e os avatares da construción nacional, pois iso axuda a camiñar con decisión na dirección correcta.

Este volume reivindica o contributo das Irmandades, estuda con atención o primeiro terzo do século XX, reconstrúe o discurso cultural e ideolóxico canonizado e integra as análises marxinadas. A referencia central do traballo é a Irmandade da Fala da Coruña co seu contorno histórico, cultural e político. Alén diso, detense nas rivalidades, nas loitas, nos silencios interesados e no debate ideolóxico coa intención de recompoñer o discurso galeguista desde a pluralidade e a controversia de ideas. Así mesmo realiza un percorrido até o posfranquismo a través do itinerario intelectual dun dos seus fundadores.

Por outra parte, esta investigación achega un valor engadido por manexar documentación orixinal.

Deste xeito emprega correspondencia inédita, arquivos, fondos familiares e un pertinente seguimento da prensa. En definitiva, o estudo interdisciplinar, a revisión de certas clavesnacionalistas e os documentos precisos fornecen unha innovadora interpretación cultural.

_____

Editorial: Laiovento 2007

Idioma: Galego