O burgués fidalgo é unha xoia do teatro cómico.
Partindo da farsa, cos seus procedementos sinxelos, caricaturais e esquemáticos, baseados na xestualidade, nos berros, nos paus e nos sorpresivos reviramentos da situación, Molière fai unha peza na que a sutileza da expresión e da palabra –coa ironía e a variedade dos rexistros- xogan un papel fundamental na construción da comedia
_____
Editorial: Laiovento 2007
Idioma: Galego