Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

M. COLMEIRO A TRAVÉS DA SÚA OBRA

por VV.AA.
€15,00
ISBN WP8165
Colmeiro é considerado un dos grandes protagonistas da renovación artística galega que se produce no primeiro terzo de século xx, xunto con Carlos Maside, Arturo Souto, Cándido Fernández Mazas e Luís Seoane. Comezou os seus estudos artísticos en Bos Aires, onde emigrou a súa familia en 1913. En 1939 volvería como exiliado da guerra civil española. A súa vida transcorreu entre Bos Aires, Galicia e París.

Cézanne e o cubismo foron as súas primeiras influencias, posteriormente sintonizou co realismo e o expresionismo europeos, todo o cal trasladou a unha temática constante: a paisaxe natal poboada de campesiños e pescadores intemporais, que recreou con emocionada memoria. Este catálogo complementa a mostra antolóxica celebrada en Vigo en 1999, escasos meses antes do seu falecemento.

____

Editorial: AFUNDACIÓN
Idioma: Gallego