Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

IÓN. CICLOPE

€15,00
ISBN 9788417388577

Ión e Ciclope son dúas das obras dramáticas máis curiosas, peculiares e orixinais de Eurípides. Ión (413/412 a.C.), quizais a súa traxedia máis descoñecida, trata un mito completamente novo, sen parangón en ningunha obra anterior e probablemente orixinal do seu autor. No plano argumental e formal marca un punto de inflexión ao guiar o novo camiño do xénero cara ás formas cómicas, melodramáticas e novelescas máis próximas á modernidade, cun ton máis distendido e relaxado, afastado da gravidade, solemnidade e exacerbado dramatismo doutras traxedias.

No tocante a Ciclope (ca. 408 a.C.), o seu valor literario e arqueolóxico fican fóra de toda dúbida, posto que estamos ante o único drama satírico que nos chegou integramente conservado. Ademais de tratarse da única mostra do seu xénero, o atractivo e interese desta obra vense acrecentados polo singular tratamento dun mito tan popular como é o da estadía de Ulises na illa do Ciclope, un dos episodios centrais e máis coñecidos da Odisea homérica.

Esta obra recibiu unha subvención da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

____

Editorial: Rinoceronte
Idioma: Galego