Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

IMAXES ROUBADAS

€17,95
ISBN 9788411100687

Os relatos de «Imaxes roubadas» están inspirados por obras de arte imprescindibles, e, a través delas e da palabra, condúcennos ao encontro co desamor, co abandono, co desprezo ao talento feminino, coas arelas das nais solteiras e das persoas diferentes... As destes contos son palabras roubadas ás imaxes que nos mergullan na pobreza infantil, nos excesos dos ricos infelices, na crise, no incivismo, no fanatismo relixioso, no erotismo e no humor. As segundas oportunidades, que inzan de esperanza os amores serodios, e os individuos impresentables, convertidos en boas persoas por arte da maxia e da tolerancia, tamén forman parte deste fermoso catálogo literario.
Nones Araújo é sabedora de que o camiño andado non sempre é a única opción. A escritora confía na capacidade da literatura para abrir portas cando a liberdade é roubada e se impón a desigualdade. Por iso nos proporciona estes relatos de ficción en tempos tramposos, con finais non sempre festivos e, ás veces, sorprendentes.

____

Editorial: Xerais 2022
Idioma: Galego