Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

HISTORIAS DO EMPARDECER

€8,00
ISBN 9788484870413

Manuel María, escritor que cultivou –e cultiva– todos os xéneros literarios, nesta súa nova entrega, de título ben significativo, tal vez intencionado e alusivo de Historias do empardecer, recolle unha serie de narracións sinxelas e directas, escritas en diversas épocas, fondamente enraizadas no vivir galego.

A primeira parte componse dunhas instantáneas súbitas como “retratos ao minuto” de aspectos moi concretos do acontecer diario deses seres inocentes e anxélicos coñecidos como toliños, privadiños, derramados ou persoas que “non son ben de seu”. A segunda parte abrangue narracións que van desde o relato pseudohistórico ao paródico.

Historias do empardecer son relatos abertos á monotonía do cotián que, por veces, transitan polos camiños máxicos da imaxinación.

Para Edicións Laiovento supón unha honra moi especial poder incorporar ao seu catálogo unha obra dun dos grandes clásicos das nosas letras.

_____

Editorial: Laiovento 2003

Idioma: Galego