Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

FEIJÓO, O GALEGO E NÓS

€15,00
ISBN 9788484871827

Recóllese neste libro un total de sesenta e oito artigos publicados na prensa galega –máis algúns procedentes de blogues e xornais dixitais– entre xaneiro de 2009 e mediados de marzo de 2010, até hoxe mesmo e desde que o candidato Núñez Feijóo decidiu asumir e amplificar o alcance das demandas galegófobas dun colectivo de falsaria denominación, Galicia Bilingüe. Malia o carácter anecdótico da incidencia social dese grupo, cuxa concentración compostelá de febreiro de 2009 atinxiu hiperbólico eco nos xornais galegos de maior difusión, La Voz de Galicia e Faro de Vigo, Feijóo apostou a esa carta marcada en procura de votos. Con todo, xa estaban previamente asentadas no seu xenoma ideolóxico e no do sector político que representa as claves do autoodio e as consignas de demolición recentralizadora procedente da facción ultradereitista do Partido Popular.

_____

Editorial: Laiovento 2010

Idioma: Galego