Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

GRAMÁTICOS E GRAMÁTICOS: HOMENAXE A JUAN ANTONIO SACO ARCE

€20,00
ISBN
En 2018 cumpríronse 150 anos da publicación, en Lugo, na Imprenta de Soto Freire, rúa de San Pedro nº 31, da Gramática gallega escrita por don Juan A. Saco Arce (Toén 1835 - Ourense 1881), presbítero e catedrático no Instituto de Segunda Enseñanza de Ourense.
A Real Academia Galega non podía deixar de celebrar esta efeméride, para traer ao presente a memoria da figura de Juan Antonio Saco Arce e da espléndida obra elaborada nos inicios da nosa tradición gramatical, en medio dun ermo descritivo da forma de ser a lingua galega.
Os lingüistas afirmamos con frecuencia que a Gramática gallega de Saco Arce (1968) é a primeira gramática galega elaborada con criterios científicos e tamén hai consenso sobre o feito de que se trata dunha boa gramática, un milagre na Galicia do seu tempo. Por si mesma esta consideración xa debería abondar para xustificar a lembranza e a homenaxe.
Neste libro recollemos os relatorios encargados a diferentes especialistas con olladas complementarias, que se presentaron na xornada de homenaxe ao autor e á súa Gramática gallega, celebrada en Ourense o 22 de novembro de 2018.
Rosario Álvarez

Índice

A alma da nación
Rosario Álvarez
Perfil biográfico de Juan Antonio Saco Arce: o seu compromiso intelectual
Juan L. Saco Cid
Saco Arce como gramático. Significado e pegada da súa obra
Antón Santamarina
“Con abundancia de razóns”: a literatura na Gramática de Saco Arce
Teresa López
A gramática na Gramática de Saco Arce
Francisco Dubert García
A proposta ortográfica de Saco Arce no contexto do Rexurdimento
Xosé A. Fernández Salgado
Descrición e prescrición na Gramática de Saco
Ernesto X. González Seoane
A obra de Saco Arce no contexto do Rexurdimento
Xurxo Martínez González

____

Editorial: R.A.G.
Idioma: Gallego