Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

COMANDO SINTROM

€14,70
ISBN 9788411761918

 Nestes relatos hai un rico mosaico de personaxes femininas que se atopan no final
da súa vida. Con todo, non agardedes avoas de pano na cabeza, sentadas a carón
da lareira ou enredadas coas tarefas domésticas. A autora presenta mulleres actuais
que, a pesar da súa idade, ou quizais por iso, se adaptan aos novos tempos. Estas anciás
manéxanse nas redes sociais, pasean o can pola cidade, camiñan por prescrición médica e gozan da vida na medida en que poden. O tempo xoga na súa contra e aparecen os achaques e tamén se enfrontan á soidade, ou ao pasado que chega para saldar débedas pendentes, porque ser vella non te fai mellor nin peor persoa, pero muda a visión da vida.
Nestes contos enfrontámonos ao que supón vivir nunha residencia, soa nunha casa ou
en estreito contacto coas veciñas, e, curiosamente, todas as situacións teñen o seu aquel.
Por veces estas mulleres son pillabanas, outras tremendamente sensibles, en ocasións parecen equivocarse, pero na inmensa maioría saen adiante con sentido do humor, con doses de retranca e de sororidade.


BEATRIZ GARCÍA TURNES (Santiago de Compostela, 1973) é doutora en Filoloxía
Galega. Escribe dende adolescente e gañou premios como o Repsol de relatos cur-
tos, o Camilo José Cela e o Minerva. A súa primeira novela, Valdamor (Galaxia, 2001),
recibiu o Premio Lecturas da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). En
Editorial Galaxia publicou tamén o discurso para as Súas Maxestades n'O libro dos Reis
Magos (2012).
É autora das monografías A lingua galega entre 1875 e 1916. Situación social e cons-
ciencia idiomática (2004) e Vida e obra de Ramón Piñeiro (Galaxia, 2009). Tamén é coau-
tora do Diccionario gallego-castellano, castellano-gallego (Galaxia, 2001) e do ensaio Antero de Quental e Teófilo Braga e a súa relación coas letras galegas (2016). Nos últimos anos publicou O ouro das lúas (Galaxia, 2018), destinada tamén ao público xuvenil, e Esta noite hei de ir a verte (Galaxia, 2021), que coñece xa catro reimpresións.

____

Editorial: Galaxia 02-2024

Idioma: Galego