Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

HISTORIA DE CALÍRROE

€16,00
ISBN 9788417388027
Historia de Calírroe, obra de Caritón de Afrodisias, pódese considerar a primeira novela de Occidente que conservamos íntegra. Aínda que a súa data de composición ten sido obxecto de controversia, hai unanimidade en considerala o primeiro exemplo de obra completa conservada do último dos xéneros literarios xurdido en Grecia e que pervive, mutatis mutandis, nos nosos días.

É por iso que a súa tradución ó galego viría completar o repertorio de obras inaugurais dos distintos xéneros literarios occidentais. Os achádegos papiráceos amosan que na súa época debeu ter ampla difusión, aínda que posteriormente caeu no esquecemento á sombra doutras novelas máis barrocas e refinadas que resultaban máis do gusto dos bizantinos. A súa temática baseada no enredo amoroso mesturado coas peripecias aventureiras que levan os seus protagonistas a viaxes e perigos extremos ata acadar un final feliz, segue a ter éxito garantizado no contexto actual. Este carácter popular non merma a súa calidade literaria, recoñecida pola crítica actual, sendo especialmente salientable a súa elaborada estrutura e o seu estilo vivo, ás veces preto do cinematográfico, en apariencia sinxelo, o que fai que a súa lectura resulte grata para un lector de hoxe en día.

____

Editorial: Rinoceronte
Idioma: Gallego