Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

CANCIONEIROS DOS GOLIARDOS

por Anónimo
€21,00
ISBN 9788417388393
(CANCIONEIRO DE CAMBRIDGE. CANCIONEIRO DE ARUNDEL. CANCIONEIRO DE RIPOLL). Na Europa dos séculos XI e XII un grupo de magníficos poetas cantaron cancións en latín que chegaron ata nós compiladas en coleccións.  

 De moitas destas destas pezas consérvase a música, e a maioría delas son de autor anónimo, algunhas están copiadas en códices fermosamente iluminados, mentres outras se agochan entre os pergameos dedicados a outros mesteres non tan poéticos. A meirande sona téñena merecidamente os Carmina Burana, cancións do mosteiro bávaro de Beuren, recreadas polo compositor Carl Orff en 1935 na cantata escénica do mesmo nome. Non obstante, os Carmina Burana non son o único froito desta vigorosa lírica latina medieval. Por fortuna, nas abadías e mosteiros europeos os estudosos atoparon outras antoloxías de cancións que dende o século xix se clasificaron coa denominación de cantos goliardos. Este é o caso dos tres cancioneiros de poemas e cancións dos poetas goliardos que traducimos aquí.

Entre as coleccións máis valiosas de poesía lírica latina goliárdica están os Carmina Cantabrigiensia (Cancioneiro de Cambridge), cuxa composición adoita situarse a finais do século XI, polo que son ata o de agora o testemuño máis antigo.

A exquisita colección chamada Carmina Arundeliana (Cancioneiro de Arundel), realizada en pleno século xii, contén na súa meirande parte poemas amorosos que poderían deberse ao afamado poeta Pedro de Blois, aínda que a súa autoría non está demostrada.

Entre todos os cancioneiros dos goliardos teñen voz propia os Carmina Rivipullensia (Cancioneiro de Ripoll), vinte cancións de amor de altísima calidade poética, que son a única mostra de lírica latina medieval na Península Ibérica, e que son case contemporáneas dos Carmina Arundeliana.

O noso traballo reproduce do xeito máis fiel posíbel a estrutura formal dos poemas.

TRADUCIÓN DO LATÍN, INTRODUCIÓN E NOTAS DE MAITE JIMÉNEZ PÉREZ

____

Editorial: Rinoceronte
Idioma: Gallego