Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

BIBIANI. CAMBIAR PARA SER UN MESMO

€23,80
ISBN 9788411763714

A intención primeira deste libro é rescatar do esquecemento o Bibiano músico, que nos últimos anos da súa vida era máis coñecido pola súa faceta de promotor e organizador de concertos e produtos culturais que pola súa obra musi-cal, e indagar na súa evolución artística de par que se tenta explicar unha evolución persoal fascinante, contraditoria para moitos, desde os seus anos no pop en Compostela ata o apoxeo e ocaso no mundo dos negocios, pasando pola súa actividade en Voces Ceibes.

Bibiano Adonis Morón Giménez, máis coñecido como Bibiano, nado en Santiago de Compostela o 21 de decembro de 1950 e finado en Vigo o 28 de decembro de 2016, foi un músico e compositor galego.

Fillo de Adonis Morón Silva. Iniciouse na canción galega comprometida no ano 1970, nos derradeiros tempos de Voces Ceibes (Benedicto, Xerardo Moscoso, Vicenta Araguas, Suso Vaamonde e Bibiano). O seu primeiro concerto foi no colexio do Opus Dei "La Estila" de Santiago nese mesmo ano. Incorporouse á nova canción galega nos anos do fin do franquismo.
Foi especialmente famoso o concerto que deu acompañado polo tamén membro de Voces Ceibes Benedicto García Villar o 25 de xuño de 1976 no Pavillón dos Deportes da Coruña. O concerto, en solidariedade co dirixente comunista Santiago Álvarez, preso no penal de Carabanchel, converteuse nun acto de reivindicación galeguista e nun dos fitos culturais máis importantes da transición en Galicia.
O traballo común de Bibiano e Benedicto habería de culminar nunha serie de actuacións que forman xa parte da etapa seguinte. A súa actuación no "Festival Folk Gallego" do 2 de marzo do 75, no Pavillón Polideportivo do Obradoiro de Santiago #ante máis de cinco mil persoa; a súa participación nos días de lle Cultura en Xixón os anos 75 e 76 e no Festival dos Pobos Ibéricos en Madrid #ante 50.000 persoas; o seu recital en homenaxe a Santiago Álvarez no Pavillón de Deportes da Coruña o 25 de Xuño do 76 (actuación da que quedou constancia nunha cinta clandestina), as súas presentacións en Madrid (Pequeño Teatro) e en Barcelona (Sala Villaroel) co espectáculo "Agora entramos nos", ademais das súas moitas actuacións menos nomeadas pero igual ou máis meritorias #ante o seu público de Galicia, colocounos en primeira liña da canción galega, rompendo a barreira do silencio que durante anos limitara o canto galego e forzara e os seus membros ao amateurismo.

A súa achega foi incorporar percusión e instrumentos eléctricos (fundamentalmente a guitarra eléctrica) na canción galega, que até entón só era de voz e guitarra española.

Deu moitos concertos con Vicente Araguas e foi militante moito tempo de CCOO. Máis tarde trasladouse a Vigo, onde rexentou unha discoteca. Gravou varios discos. Nos últimos anos dedicouse á produción de eventos musicais en Vigo e rexentou un céntrico restaurante dende 1990 ata 2009.

CARLOS REGO (Ourense, 1965) combinou dende moi cedo as cancións (en grupos como Cosecha Roja e Burgas Beat, actualmente en Tesouro), cunha carreira paralela no mundo do xornalismo musical.
Durante os anos oitenta e noventa colaborou na edición ourensá de La Voz de Galicia, en xornais gra tuítos como 32 Pistas e fanzines como Otoño Cheyenne e 18 Rodas. Tras pasar por Nordesía, suplemento cultural do Diario de Ferrol, recensionou discos nas páxinas de Tempos Novos. É colaborador habitual de Ruta 66 desde 2004, e de Cuadernos Efe Eme desde 2022.
Publicou Nuevo Rock Americano, años 80 (2010), Derribos Arias. Licencia para aberrar (2015) e Magín Blanco. O camiño da luz (2019).

____

Editorial: Galaxia 02-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 172
MÚSICA 
CANTAAUTORES ANOS 70