Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

ACHÍS!

€14,90
ISBN 9788498714364

Mamá e papá estaban encantados; pero, cando o gato se achegou a ver o bebé:
Achís! O bebé tíñalle alerxia ao gato…
Achís! O gato tíñalle alerxia ao bebé….
É normal que mamá e papá enfronten dúbidas, medos e inquietudes cando nace o seu primeiro bebé.
Calquera circunstancia imprevista pode resultar inquietante na nova realidade familiar.
Despois do susto inicial e unha procura desesperada de solucións domésticas, a complicidade entre o gato e o bebé fai que, entre risas e esbirros, todo volva á “normalidade”.
Cun texto sinxelo, de estrutura simétrica, este álbum descóbrenos a sensación que podemos experimentar diante dun imprevisto. Permite falar de sentimentos, de resolver situacións para saír adiante, e afonda nas emocións dos nenos desde a empatía e o vínculo que, xa desde bebé, se pode establecer cunha mascota, ensinándonos a responsabilidade que isto conleva.

Apoiándose en imaxes tenras, suxestivas e moi persoais, Laura Tova debuxa un gato divertido, traveso e experto en camuflaxe, contribuíndo desde a imaxe a crear unha historia cálida, optimista e chea de agarimo, que nos ensina a importancia de afrontar as dificultades con humor, adaptándonos a aquilo que en principio nos desconcerta, e amosándonos a necesidade de adaptarnos para convivir en harmonía.

CASTELLANO

En la casa vivían papá, mamá y un gato enorme.

Los tres eran muy felices, hasta el día en que llegó un bebé.

 Mamá y papá estaban encantados; pero, cuando el gato se acercó a ver al bebé:

¡Achís! El bebé tenía alergia al gato…

¡Achís! El gato tenía alergia al bebé….

____

Editorial: OQO
Idioma: Galego/ Castellano