Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

A ROCHA IMANTADA (AFORISMOS 1984-2009)

€12,00
ISBN 9788484871711

O presente libro recolle longos anos de creación aforística. O seu autor xa se estreara, no mesmo xénero, con Irispaxaros / Arca Cotiá, en 1984, así como coa carpeta de artista Irispaxaros, unha edición reducida e numerada de aforismos e gravados realizada sobre papel arches e acetato transparente en colaboración co artista Manuel Facal.

O aforismo é unha iluminación. Un pequeno cruxol. Un bisturí verbal. Unha vaga secreción dese licor descoñecido que a todos, maxicamente, nos vai caendo da maleta do destino ou da mesa braseiro da vida.

Como é posíbel que, nun tempo tan vertixinoso como o presente, non estea máis difundido un xénero tan áxil, que aspira á expresión das cousas dunha maneira sintética e rápida?

Goethe comentaba:

“Qué froito, o máis pequeno espazo se é coidado con tacto.”

E Lao Tsé:

“Intenta o difícil no fácil. Realiza o grande no miúdo.”

Porque talvez todo o que é exacto é curto. Como o soño do aforismo. Ou o da vida.

_____

Editorial: Laiovento 2009

Idioma: Galego