Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

A CAIDA DE GUIOMAR

€12,00
ISBN 9788412581249

A miña primeira novela de Fantasía Épica Galega presenta a viaxe da cativa Aima e da guerreira Tegra para salvar o reino de Eabaca e os seus habitantes (Xans, tardos, nubeiras, mouros e outras criaturas da mitoloxía tradicional galega) da ameaza da Orcavella.

Tras un século baixo a protección da raíña Guiomar, as terras de Eabaca vense ameazadas polo aparición dun monstruoso cabalo e a chegada da Orcavella, unha criatura cun poder tal que ninguén lle pode facer fronte. Só cando a pandeireteira Aima decide acompañar a guerreira Tegra na súa viaxe polas catro parroquias do reino, a esperanza volve agromar. Non obstante, a súa misión non será doada, pois mouros, nubeiras, xans, luciñas e xente cativa terán que unir forzas se queren conservar a liberdade.

____

Editorial: BOADICEA EDITORA 2022

Idioma: Galego