
Cantareiras. Letras galegas 2025.
Accésit Premio Simbad para o Recordo e o Alzhéimer 2024.
Lembro ben a primeira vez que a avoa Oliva me cambiou o nome.
E así unhas veces son Adrián e outras Toño. A avoa está feliz e eu tamén. Sobre todo porque agora sorrí moito máis, e ás veces canta cantigas que non coñezo. Pois o que máis lle gusta á avoa, sen dúbida, é cantar. Mamá di que canta como a cotovía.
Díaz Núñez, Celia
(O Páramo, 1961) desenvolveu a súa actividade docente en Ourense como profesora de ensino secundario e universitario.
En Galaxia publicou na colección Literaria a novela Unha verdade amarga e o libro de relatos Corte e confección, e para o público xuvenil as novelas A boca do monte (colección Costa Oeste, finalista do Premio Frei Martín Sarmiento 2016), Rugando, o misterio do cuarto secreto (colección Costa Oeste, Premio Pura e Dora Vázquez 2012) e a obra teatral Unha estrela para Amina (colección Árbore, Premio O Facho de Teatro Infantil 2019).
Publicou ademais a novela xuvenil Adeliña (Premio Pura e Dora Vázquez, 2003) e as obras teatrais Cataventos e cía. (Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, 2004), O castelo de Pena Redonda, o máis tolo da contorna (Premio O Facho de Teatro Infantil 2016) e Velaí vai o papaventos (2014).
É tamén autora do libro de pasatempos Restra de letras (2002), do ensaio literario Voces na terra (1995) e de materiais didácticos para a aprendizaxe da lingua galega.
____
Editorial: Galaxia 02-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 112
INFANTIL ILUSTRADO