Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

PENSAR E PRACTICAR O MARXISMO

€15,00
ISBN

Pensar e practicar o marxismo, de Iñaki Gil de San Vicente, foi publicado por primeira vez en Euskadi en 2014. Tempo Galiza disponibiliza agora a edición galega desta obra.

O libro presenta catro percorridos históricos e críticos a través dos medios de produción, as loitas populares e as ideoloxías como fíos condutores. Cada un deles responden a propostas expositivas diferentes, mais todos eles  complementarios e necesarios.

Só a dialéctica materialista pode axudar a aproximarnos e comprender con solvencia a natureza complexa e dinámica da realidade, en que conflitos e contradicións internas son os auténticos motores do desenvolvemento da historia humana. Sirva de proba todos os casos de estudo abordados, mesmo algúns dos cales –sempre desde a obrigada concisión– son analizados desde ángulos diferentes.

O fundamento deste traballo está orientado a enfatizar a importancia do estudo e debate da militancia no seo dos colectivos que loitan, para desvendar en cada situación concreta e momento concreto, o movemento interno que a aparencia parece querer ocultar.

Esta é, de feito, a única forma de xerminar a irrenunciábel unidade entre mente e man –simbiose da teoría e práctica–, verdadeiras artífices e xeradoras do marxismo como única teoría matriz e praxeoloxía revolucionaria. Trátase dun texto para ler de corrido a través dos itinerarios propostos, ou por partes como referencia de consulta; para ler áxil e ás veces –necesariamente– ben devagar prestando atención aos conceptos máis ricos e complexos. Unha obra, con certeza, para volver unha e outra vez a ela.

Dez anos após a publicación inicial, o autor considerou pertinente escribir un texto específico para esta edición galega que actualizase algunhas análises e referencias e que foi incluído no final deste libro co rótulo de Epílogo necesario. Temos a certeza de que axudará a unha mellor comprensión do conxunto.

Aliás, disponibilizamos tamén unha separata, Guía de praxe marxista, de 72 páxinas, que é posíbel descargar en formato PDF co código QR que figura no final do libro.

 

___

Editorial: TEMPO GALIZA 07-2024
Idioma: Galego