Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

UN HOTEL DE PRIMEIRA SOBRE O RÍO

€13,00
ISBN 9788445354506

Nº 13 da colección "O papel do teatro", que acolle as obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego (CDG), coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas.Un hotel de primeira sobre o río é o resultado do diálogo do texto orixinal de Xohana Torres co teatro de movemento, a danza, a música e as artes visuais coa proposta dramatúrxica dos directores Gonçalo Guerreiro e María Torres.Cunha coidada composición estética e unha rigorosa investigación sobre xestos e imaxes, a peza convídanos a abordar diferentes xeitos de vivir no ámbito rural e a cuestionar a xestión dos recursos naturais, a especulación urbanística, a depredación do medio natural e o desarraigamento.

____

Editorial: XUNTA DE GALICIA  05- 2022
Idioma:  Galego