Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

TRIQUIÑÓNS. 18 DÍAS Á SOMBRA. DÚAS NARRACIÓNS INÉDITAS

€20,50
ISBN 9788411765008

Edición: Xosé Enrique Acuña

No centenario do nacemento de José Ruibal, recupérase a obra narrativa que en galego escribe un autor que, desde un teatro en acción simbolista contra o franquismo, sería recoñecido internacionalmente no último terzo do século XX.

Rematada en 1956, o orixinal de Triquiñóns sufriu de diversas vicisitudes que frustraron a súa publicación por causa dunha censura que tamén perseguiu a súa dramaturxia. Por medio de varias historias que se cruzan nos peores día do 36, ambiéntase nunha retagarda bélica dunha indefinida parroquia que agacha o seu Xeve natal, onde unha serie de personaxes son tristes protagonistas da utilización dun terror que racha cos equilibrios dunha sociedade que queda inmersa no sufrimento.

Nestas narracións percórrense realidades que van desde a negación da lingua galega, a presenza imperativa da relixión, a leva obrigatoria, o traballo forzado ata o abuso e explotación das mulleres. Obra que, de publicarse no seu tempo, convertería a Ruibal nun pioneiro na temática da Guerra Civil na nosa literatura.

(Xeve, 1925 – Cuenca, 1999) formouse literariamente en Pontevedra xunto aos animadores da Colección Benito Soto. Dramaturgo e ensaísta vinculado á chamada “xeración simbolista”, considerouse un dos grandes renovadores do teatro español contemporáneo. En 1951 emigra á Arxentina para despois instalarse en Montevideo, onde se implica en actividades políticas antifranquistas. Nese tempo iníciase no teatro antes de retornar a Galicia en 1960. Tras ser encarcerado en Vigo por actividades clandestinas, en 1962 instálase en Madrid e comeza a escribir o teatro que lle daría sona, especialmente nos Estados Unidos, onde chegou a residir durante anos e no que sería autor invitado no Actor’s Studio.

Entre as súas obras poden citarse: Los mendigos (1957), El bacalao (1959), El asno (1961), El hombre y la mosca (1968), O rabo (1968), La máquina de pedir (1969) e Otra vez los avestruces (1991).

____

Editorial: Galaxia 10- 2025
Idioma: Galego
Páxinas: 220
TEATRO