Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

O FARO

€9,00
ISBN 9788499954653

“La desbandá” foi un dos episodios máis cruentos da Guerra Civil. Coa chegada das tropas “nacionais” a Málaga, o 7 de febreiro de 1937, a poboación entra en pánico e máis de cen mil persoas foxen co posto pola estrada da costa en dirección a Almería, protagonizando o maior éxodo do conflito. A marea de refuxiados queda atrapada nunha especie de funil no concello de Torre del Mar, onde empezan os bombardeos desde os buques “nacionais” e a aviación alemá. Neste contexto, Anselmo Vilar, o fareiro de Torre del Mar, nado en Castro de Rei (Lugo), xogou, figuradamente, unha terrible partida de xadrez.
Cando hai que fuxir do horror refuxiándose na escuridade da noite, a luz dun faro, prendida para protexer vidas, pode facer o contrario: sinalar a posición dos inocentes.
O dilema entre o deber de obediencia e o deber moral enfróntanse sobre o taboleiro, pero unha das partes xoga cunha peza de máis. Será a obriga cega, o frío concepto do deber, ou será a honra, a responsabilidade... a humanidade?
O mellor e o peor da condición humana atópanse descritos con toda a súa crudeza nesta impresionante peza teatral.

____

Editorial: Baía 08-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 43
TEATRO 
GUERRA CIVIL