Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

O DON HAMLET DE CUNQUEIRO:UNHA ECUACIÓN TEATRAL

€13,95
ISBN 9788484876670
Este libro foi publicado por Luísa Villalta en 1992 en Edicións Laiovento, unha editora que daquela tiña pouco mais dun ano de existéncia.
A peza"O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca", a pesar da sua transcendéncia tanto social como litéraria, foi pouco ou case nada estudada até o momento en que Luísa Villalta abordou a sua análise, unha peza esquecida nos sotos do inmenso edificio que é a obra de Álvaro Cunqueiro.
Nacida baixo o signo da polémica, o autor confesa-nos en diversos lugares que esta obra é produto dos moitos anos que pasou a matinar na traxédia de Shakespeare intentando explicar-se a si mesmo a cuestión: quen é Hamlet?
Con este estudo, Luísa Villalta procedeu a despexar brillantemente esa incógnita e moitas outras que envolven tan suxestivo tema co único propósito de explicar a xénese e elaboración da maravillosa solución que Cunqueiro soubo dar a esa pregunta.

___

Editorial: Laiovento 04-2024
Idioma: Galego