Ir a contenido
Gastos de envío desde 1,95€! 📦
Gastos de envío desde 1,95€! 📦

O PÉNDULO

€5,00
ISBN 9788412425833
O Péndulo é unha obra de teatro documento que nos amosa como se
desenvolveron a sublevación militar de 1936 e o inicio da Guerra Civil
en Galicia. Esta aproximación á nosa historia colectiva faise desde o
persoal. Marta Pérez, co-dramaturga e actriz, trasládanos a experiencia
do seu bisavó, Tirso Gómez Freijido, natural de Ribadavia e residente
na Cañiza. Membro do Partido Socialista, republicano, e presidente
da Casa do Pobo da localidade. Tirso foi apresado e fusilado no ano
1936 preto do Castro de Vigo, xunto aos seus camaradas Justo Moure,
Jesús Pérez e Antonio Mojón. Outro veciño da localidade, Benjamín
Malvar, apareceu asasinado nunha gabia. Con eles foi apresada tamén
María Gómez, alcaldesa da Cañiza –membro de Esquerda Republicana–,
a única muller que exerceu este cargo en Galicia durante a Segunda
República. Esta última conseguiu salvarse do fusilamento no
último momento, alegando un falso embarazo. Foi condenada a cadea
perpetua e rematou vivindo en Lugo con Urania Mella.

____

Editorial: Positivas
Idioma: Galego