Carlos entra nunha tenda de roupa dunha multinacional para mercar unha camiseta. Na etiqueta atopa unha misteriosa mensaxe cosida. Seguindo as súas puntadas, e coa axuda de Sofía, dependenta da tenda, descubrirá a vida de Salma, unha cativa que traballa nunha fábrica téxtil dun afastado país.
Tasende, Ana
(Pontevedra, 1997) estudou Artes Plásticas e Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo, compaxinándoo coa súa carreira autodidacta en ilustración. Expón as súas obras en redes sociais e en feiras de artesanía por toda Galicia. Colaborou con Lenda Pet Food, Digital Spoon Studio e Baobab Teatro.
Baños de Cos, José Luis
(Xerez da Fronteira, 1977). Como dramaturgo é autor de O círculo (Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle, 2018), Asfixia (Premio Abrente do MIT de Ribadavia, 2019), A cámara escu- ra e Lume (Premio Roberto Vidal Bolaño, 2020 e 2022), El niño que se escondía dentro de una caja de galle- tas (Premio de Textos Teatrais dirixidos a Público Infantil da Escola Navarra de Teatro, 2021), Segunda morte (Premio Teatral Varela Buxán, 2021), Nas nubes (Premio Barriga Verde para textos de monicreques, na modali- dade de adultos, 2022), La vida interior de los seres planta (Premio Certame Internacional de Textos Teatrais Orlando Hernández Martín, 2023) e A porta. Un relato de violencia (Premio Laudamuco para textos teatrais, 2024).
Fóra de xogo é a súa primeira novela infantil.