Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

FUXIDOS DE SONA

Agotado
€13,35
ISBN WP3256
Os seus nomes andaban de boca en boca, maldicidos por uns, admirados en secreto por outros, lobos na montaña, entre a furia e a desesperación. Ó Piloto –o derradeiro abatido en España- matárono en 1965 a carón da represa de Belesar, en Lugo. Mario de Langullo aínda seguía daquela polos montes ourensáns.  

A versión oficial calificábaos de bandidos. Pero eran outra cousa. A memoria dun tempo de cataclismos.Carlos G. Reigosa, xornalista, adicou varios anos de investigación e traballo profesional a seguir os pasos destes protagonistas non sempre ben coñecidos da nosa historia contemporánea: os fuxidos.Nestas páxinas hai testemuñas, relatos e noticias de primeira man que só agora saen á luz, logo de tanto tempo. Nalgúns casos son documentos excepcionais. Tamén latexa nelas a vida, a paixón dos homes, o amor e a desolación, idealismo, barbarie e xenerosidade.

____