FEDERICO TAPIA SEGADE 1825-1891
Nado na Coruña o 16 de abril de 1826 e finado na mesma cidade o 2 de setembro de 1891, foi un político galego, destacado alcalde republicano entre 1872 e 1873 da cidade da Coruña. Nunca renunciou á súa ideoloxía política nin ao seu agnosticismo e anticlericalismo.. Durante o seu mandato sucederon dous acontecementos políticos de gran relevancia: a visita á cidade do rei Amadeu I e a chegada da Primeira República Española. Foi membro da loxa La Herculina nº 10.
A obra recolle, a través da vida de Federico Tapia, unha das etapas máis luminosas da cidade da Coruña no século XIX, co trasfondo da revolución de 1868, o Sexenio Democrático, ou a I República e a posterior Restauración. Un período de importante desenvolvemento urbanístico, económico e socio-cultural na cidade herculina, coa chegada do ferrocarril, a expansión industrial e a fundación de novos bancos; pero tamén de expansión de diversas correntes ideolóxicas e gran efervescencia política, co nacemento de sociedades, liceos, ateneos, loxas masónicas, ou 170 xornais de todas as orientacións. Feitos que vivirá e mesmo dos que será protagonista, o noso biografado, Federico Tapia Segade (1825-1891), o primeiro alcalde republicano da Coruña.
_____
Editorial: Fundación Luís Tilve 11-2024
Idioma: Galego
Páxinas: 198
MEMORIA
BIOGRAFÍAS