Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

DESTA BEIRA DO LETEU

€13,00
ISBN 9788484870647

Artigos de historia cultural, literatura e sociedade desde o esquecemento.

A imaxe do infernal Leteu, o río do esquecemento, do que os mortos beben para esquecer a súa existencia terreal é das máis fermosas metáforas que nos legou a tradición grecolatina. Por dereito propio forma parte da nosa tradición. Até tal punto que semella que o seu efeito torna contra nós, pasando a conformar esa cómoda e indefinida brétema para o dominador que se chama de "memoria histórica" e que conforma e interactúa co presente até se converter en Historia oficial.

Nesta liña, este libro, nace dunha dupla casualidade e remata nun momento moi axitado en que o pasado admite leituras en presente e que o presente supera o esperpento. Por unha parte, os artigos acó contidos abrollan dunha inquietude cívica e crítica ante un presente no que -como ben agoiraba nesta mesma colección Josep Sort hai uns aniños- hai unha recuada de valores civís, políticos e culturais cara a vellos estilos centralistas, pensamentos absolutistas e colonialismos despóticos embutidos nunha imaxe de progreso patriótico e nacional que non se pode compartir. Por outra, da constatación dun certo fracaso por parte dos intelectuais e universitarios profesionais debruzados no estudo do feito cultural, histórico e literario de Galiza. Pois, abandonados na máis pura intranscendencia non teñen sido capaces de cuestionar o presente e presentar de forma satisfactoria aos nosos contemporáneos tanto cal é a evolución dun complexo identitario como cales as diversas fases e exemplos do noso proxecto de construción nacional.


____

Editorial: Laiovento
Idioma: Galego