Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

CASTELAO. CONSTRUTOR DA NACIÓN. TOMO III 1940-1950

€43,00
ISBN 9788491517627
Terceiro e derradeiro tomo da monumental biografía de Castelao escrita por Miguel Anxo Seixas coma se dun diario da vida cotiá de Castelao se tratase, combinando os fitos da súa cronoloxía persoal cos da súa traxectoria pública. Desde a obtención do permiso de residencia na Arxentina e a publicación de Sempre en Galiza ao seu papel como ministro do goberno da República no exilio, tamén o Castelao artista, con A derradeira leición do mestre, e as súas viaxes a México e Nova York. Labor de toda unha vida dedicada á investigación, á recollida de datos e documentación, o autor desta crónica da vida de Castelao deita no papel a súa paixón pola busca do pormenor significativo, o seu rigor na comprobación e descuberta de aspectos ignorados ou esquecidos, o gusto por rexistrar os pasos e a obra de quen foi unha das personalidades fundamentais na construción da nación galega.

____

Editorial: Galaxia 2021
Idioma: Gallego