Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

CASTELAO. CONSTRUTOR DA NACIÓN. TOMO II. 1931-1939

€46,00
ISBN 9788491514763
O meniño rianxeiro, o rapaz emigrante e retornado o debuxante e o pintor autodidacta, o médico entregado, o ilustrador que se vale dos debuxos de humor para concienciar os galegos, o funcionario, o profesor de debuxo, o membro das Irmandades da Fala, o escritor e artista.

Velaquí o segundo volume dunha biografía monumental, concibida por Miguel Anxo Seixas case coma un diario da vida cotiá de Castelao cos fitos da súa cronoloxía persoal e pública, desta volta durante os anos da Segunda República e a Guerra Civil. Labor de toda unha vida dedicada á investigación, á recollida de datos e documentación, o autor desta crónica da vida de Castelao deita no papel a súa paixón pola busca do pormenor significativo, o seu rigor na comprobación e descuberta de aspectos ignorados ou esquecidos, o gusto por rexistrar os pasos e a obra de quen foi unha das personalidades fundamentais na construción da nación galega. Seixas Seoane, Miguel Anxo É un historiador galego que naceu en Arzúa en 1960. Licenciouse en Historia da Arte Moderna e Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela entre 1979 e 1984.  Entre as súa obras podemos destacar “O Camiño de Santiago” (1990), “Ánxel Casal” (1995), “Castelao pintor” (2006, Galaxia) e “Quen fora pedra” (2017).  Ademais participou en numerosas obras colectivas como “Celso Emilio Ferreiro” (1989), “Para ler a Castelao I e II” (2000, Galaxia) e “Camilo Díaz Baliño, o deseñador da nación” (2016).  “Castelao. Construtor da nación” é o primeiro dos tres volumes que abordan, dunha maneira definitiva, a vida e a obra do autor rianxeiro.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego