Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

WELCOME TO SING SING

€12,00
ISBN 9788494550119

Dos exilios emocionais e dos corporais, das prisións internas e das reais, da memoria como testemuño.

Elvira Ribeiro (Pontevedra, 1971). Nacín cando soaba na radio “Me and Bobby McGee” da rabuda da Janis Joplin. Desde pequena (eu tamén rabuda) interesoume a literatura, especialmente a poesía, aínda que teño moitos outros intereses (a lingua, as artes plásticas, o cinema, a música, a fotografía, o ser humano, a bioloxía, as cadelas coas que comparto a vida…). Ata o momento publiquei poesía para persoas adultas (Andar ao leu, 2005; Arxilosa, 2005; Biografía da Multitude –en coautoría con Silvia Penas-, 2009; carnia haikai, 2012 e corpos transitivos, 2013) e tamén para crianzas (pAlAbrAs brAncAs, 2008 e As redes de Inés, 2014). Grazas á literatura, voei a algúns lugares polo mundo adiante. Aínda gusto de voar, mais sempre sempre sen que me recorten as ás. Nin remeiras nin temoeiras.


____

Editorial: Barbantesa
Idioma: Galego