Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

URDA

por Quico
€14,00
ISBN 9788412318395

URDA é o título do segundo libro de Quico, un explorador das linguaxes expresivas difícil de clasificar no panorama poético galego actual. Con este volume, o poeta gaño a edición 2020 do Premio Eusebio Lorenzo Balearon, un dos máis prestigiosos dos que se convocan en Galicia.

A exploración previa de quico en O tempo da cereixa ou nos seus múltiples traballos de poesía visual eclosiona en URDA cun esplendor estético inquietante e radical. O autor non só se enfronta á poesía como unha forma de experimentación das emocións, senón que elixe o camiño máis complexo. A súa palabra rompe o sentido da escrita e constrúe conciencia literaria. Deixa no pouso do verso as inquedanzas de Celan, o humus de Chus Pato e a afouteza de Alba Cid para sobardar as referencias e reconstruirse nunha caste de xenio protector que reflexiona sobre política, sobre estética e sobre o propio feito da escrita. A lucidez do autor vai en paralelo á explosión que os seus versos provoca. Esa sensación de que o silencio grita significados que a palabra oculta.

Quico (Arcos, 1990) é un dos axitadores do panorama poético de Galicia ao longo da última década. Revelouse co libro O tempo da cireixa (2019) e de maneira simultánea convertíase nunha referencia como programador libreiro ao asumir a dirección de Chan da Pólvora Libraría entre 2018 e 2020. Recitador en distintos festivais como o do Condado, quico asegura que en URDA se atinxen dous fracasos: o de Europa como proxecto social e o da escrita.

____

Editorial: Chan da Pólvora 2021
Idioma: Galego