Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

SE FALASES DE MIN

€38,00
ISBN 9788412518542

Inclúe CD

Non podemos definir este traballo só como un libro. Non. Trátase dun un obxecto ambicioso que reivindica dende o seu inicio un contedor onde poesía, palara, música e pintura se funden da man dos seus creadores a partir dos poemas e da narrativa de Antonio García Teijeiro. Paco Ibañez, Alberto Cunha, Xulio García Rivas e o poeta dan vida propia a SE FALASES DE MIN un proxecto singular que reúne nunha soa obra tanta sensibilidade. Unha viaxe de autenticidade cos poemarios <> e <> que inspiran as pinturas que os acompañan e as inconfundibles voces que interpretan os poemas. Testemuño dos seus creadores que nos mostra a maxia que existe cando se mesturan diferentes xeitos de expresión para se converter en arte.

Antonio García Teijeiro
 (Vigo 1952) é un dos grandes poetas e narradores da literatura infantil e xuvenil galega. Ten publicada unha extensa obra poética dirixida ao público máis novo, con máis de cincuenta títulos, iniciada en 1988 cos libros «Coplas», «Nenos» e «Aloumiños». En Xerais publicou os seguintes títulos de poesía: «Retorno ós lamentos» (1988); «Ventos» (1992; «Lueiro de papel» (1995; «Na fogueira dos versos» (1996), Premio Merlín 1996, Lista de Honra do IBBY 1997 e Premio Pier Paolo Vergerio 1998; «O que ven os ollos dos nenos» (2001), prosa poética; «Os nosos versos» (1997, Xerais 2003), antoloxía poética; «Chove nos versos» (2004); «Recendos de aire sonoro» (2011); «Un rato díxolle á lúa» (2013), antoloxía da súa obra preparada por Fran Alonso; «Lendo lendas, digo versos» (2015), en colaboración con Antonio Reigosa, Premio Gala do Libro Galego á mellor iniciativa bibliográfica 2016; «Poemar o mar» (2016), Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017, «Paseniño, paseniño» (2018), «Vento, ventiño, venteiro» (2019), e «No xardín do poeta» (2021). No eido da narrativa para mozos e mozas publicou en Xerais: «En voz baixa» (1998); «Os peixes de cores» (2002); «Honorato, o rato namorado» (2007) e «Verbas de sal» (2011). Tamén preparou a «Antoloxía de Celso Emilio Ferreiro» (1989) publicada na Biblioteca das Letras Galegas.


____

Editorial: Elvira 2022
Idioma: Galego
Páxinas: 176
ARTE/POESIA