Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

ANTOLOXIA POETICA DE LABARTA POSE

€19,50
ISBN 9788411761758

Enrique Labarta Pose cultivou todos os xéneros literarios e destacou como xor-
nalista a finais do século XIX nas cidades de Santiago e Pontevedra.
Nesta Antoloxía poética recóllense corenta poemas en lingua galega publicados
tanto en libro como en prensa, e moitos deles acadaron premio en distintos certames
literarios da época.

Botando man dunha pluralidade de voces poéticas, Enrique Labarta legounos un conxunto de textos que son espello dunha temática variada que parte da liña intimista e navega polas procelosas augas do humor satírico e a denuncia de corte social.

FENRIQUE LABARTA POSE (Baio, Zas, 1863-Barcelona, 1925). Escritor, xornalista, avogado e funcionario de Facenda, en Compostela formou parte activa do movemento rexionalista liderado por Alfredo Brañas, fundou as revistas Galicia Humorística, La Pequeña Patria, Extracto de Literatura, Pasatiempos, Galicia Moderna e o xornal El País Gallego, e colaborou tanto na prensa da Península como na da emigración americana. En poesía, publicou Bálsamo de Fierabrás (1889), Millomiúdo (1896) e Adormideras (1902). Como obras teatrais, o “apropósito” El Carnaval en Pontevedra (1900) e o sainete Unha boa misa (1905). Deste mesmo ano son as narracións Cuentos humorísticos. Foi pioneiro en España na inclusión da fotografía nos medios xornalísticos e introdutor do fonógrafo en Galicia.
Académico correspondente da Real Academia Galega, faleceu traxicamente como
consecuencia das feridas sufridas nun accidente ferroviario en Les Planes (Barcelona).

___

Editorial: Galego 01- 2024
Idioma: Galego