Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

O RUMOR DO DISTANTE

€19,95
ISBN 9788484877059
As humildes trazas dos camiños, comunicando a montaña e o mar, ao longo da historia da Galiza vertebraron a cultura do noso e a xeografía de parte da Europa.

Trouxeron a camiñantes coa súa visión do mundo e levaron de retorno á súa terra,a ollada marabillada polas imaxes do sagrado, dun pobo cunha cultura milenaria. Este longo poema percorre os sete camiños (6+1) Coa delimitación das súas trazas, o poeta constata que somos un dos pobos que máis humanizou a natureza nun titánico traballo de séculos, sedimentando o ser que nos constitúe, dando nomes a lugares que neste poemario, que obtivo o XX Premio Esquía de Poesía en Lingua Galega, foron habitados da poesía..

____

Editorial: Medulia 12-2024
Idioma: Galego
Páxinas: 81
POESÍA