Ademais dos seus Sonetos ao Val de Quiroga, Manuel María (na fotografía cando recibiu de mans de Xoán Rolo a insignia da Irmandade de Fillos e Amigos de Quiroga) escribiu extensamente sobre a comarca. Publicou artigos sobre Montefurado, sobre os antigos bares de Quiroga, sobre os personaxes populares da comarca, como a bruxa de Torbeo ou sobre O Penela, un gaiteiro moi pequeniño que subía ao tren en Ponferrada e tocaba a gaita durante toda a viaxe ata Monforte. Tamén escribiu un conto titulado O Kricói está no Cereixal, que está ambientado nunha aldea de Quiroga que se chama realmente así e que xa quedou deshabitada nos anos sesenta. A súa avoa, Consuelo Casanova, nacera nese concello e nel tiña tamén varios familiares.
En Manuel María e o Val de Quiroga, Xosé Estévez non fai só o enxalzamento do poeta chairego, autor referencial na poesía galega da posguerra, senón que nos achega unha vibrante homenaxe ao Val de Quiroga como patria natal e eido poético da Ribeira Sacra. A súa suxerente proposta, cun amplo despregamento documental, convér- tese deste xeito nun exercicio de memoria onde a obra quiroguesa de Manuel María serve de ponte entre o sentimento local e o senso colectivo da patria.
Xosé Estévez [Quiroga, 1943] é diplomado en Estudos Eclesiásticos, licenciado en Filosofía e Letras pola Complutense de Madrid e Doutor pola Universidade de Deusto, da que foi profesor de Historia Moderna e contemporánea desde 1973 ata 2011. Autor prolí co, con case cen títu- los publicados, duceas de artigos cientí cos e máis de seiscentas colaboracións periodísticas, Estévez recibiu en 1999 o Pedrón de Honra polo seu labor de difusión da cultura galega en Euskal Herría, ademais de homenaxe da Asociación Galeusca polo seu labor a prol da unión entre as tres Galiza, Euscadi e Catalunya. Tamén mereceu en 2017 o XII Premio Galiza Mártir da Funda- ción Alexandre Bóveda e o III premio Manuel Murguía da Revista Murguía e do Instituto Gale- go de Historia. O último dos seus libros publica- dos é Galeuzca. La periferia contra el páramo (Editorial Nabarralde, Ireñea, 2023).
____
Editorial: Chan da Polvora 08-2024
Idioma: Galego