Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

LIBRE DE LIBRO

por Leo
€15,00
ISBN 9788412686319

O Leo, unha das figuras xa lendarias da poesía galega, reaparece con descargas de rebeldía en ‘Libre de libro’.

Logo de publicar hai cu ( 2007), O Leo seguíu aínda uns anos anotando pequenos poemas de tres versos, pero deixou por completo de escribir textos máis longos ou letras de cancións. Con todo, hai dous momentos nos que –como el confesa– entra en crise: durante o nadal e no seu aniversario. Nesta última data, con puntualidade anual, ten unha noite de insomnio na que non sabe que facer co tempo, e esa noite tamén se acaba convertendo na única vez no ano en que escribe un poema para matalo.

Co tempo, foinos xuntando e escribindo algún outro nunha liña semellante. O resultado é Libre de libro, un volume que tivo varias encarnacións como froito de recoller e reordenar ou eliminar poemas. Da derradeira asolada, en xullo de 2021, cando fixo 47 anos, xorde esta versión, onde a memoria familiar é a gran protagonista, en especial a súa nai, da que aprendeu o espírito da revolta.


O Leo é o nome co que coñecemos a Leonardo Enrique Fernández Campos (Matamá, Bouzas, 1974). Chegou a Compostela na década dos 90 e debuta como actor con Matarile Teatro en 31 e Zeppellin núm. 7. Déixao para escribir e gravar Suspiros de kaña (1998), co que abre os concertos da xira galega de Veintegenarios de Albert Pla. Regresa con Factoría Teatro n’As presidentas e con Berrobambán en Vendetta. Licénciase en Filoloxía Hispánica e a seguir en Filoloxía Galega. Volve aos escenarios para tocar polo medio de concertos de KGBen e Puta Miseria. Co boom dos blogs e da Internet en xeral, saca a diante haicu.blogspot.com, que se converteu logo en hai cu (Xerais, 2007).

En 2010 participa na primeira webserie en galego, Non saímos do lixo. Forma parte de Labreg*s do Tempo dos Sputniks (Libremente, 2016) e Das Kapital (Ruído negro, 2011; Grecia, 2013; e Das Kapital, 2015). Con arremecaghona’s produçións, saca outros tres álbums (como o leo i arremecághona: a neurona na patineta, 2012; e ostia, 2015. Como o’leo de matamá: sé [mente de vencer], 2019). Dende hai case dúas décadas traballa como profesor de Lingua Galega e Literatura. Este ano, ademais de publicar novo libro, marcha para a montaña.

____

Editorial: Chan da Polvora 07-2023
Idioma: Galego