Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

IRIBARNE

€15,00
ISBN 9788412805512

Iribarne é un tipo nado na mesmísima vila de Rouco Varela (si: o cardeal) durante a Monarquía de Alfonso XIII (o primeiro promotor do cine porno en España?, si-si: ese). Emigrado a Cuba con tan só dous aniños –coincidindo coa inauguración da ditadura de Primo de Rivera–, e tras facer as Américas durante un par de anos o noso protagonista volve triunfante para ser o fillo do alcalde (e o da francesa!). Empeza o bacharelato coa entrada da II República, case-case se fai cura durante a Guerra Civil pero decide liscar a Madrid –seguindo o rastro doutro galego ilustre– nada máis inaugurada a Era do Devandito (si, claro: O Caudillísimo). Con tanto afán tentou ser como el que máis pronto que tarde chegou a ser Ministro no seu mandato, a pesar de ter disparado dous días antes contra o cu da súa filla (pero que dis!? Si-si: dato real!). Sendo o primeiro e mellor opositor de España, quixo substituír ao Caudillo cando este morreu. Non puido ser: non ía por oposición. Tivo que conformarse co cargo de Vicerrei na súa querida Terra Galega.
Iribarne é unha investigación escénica sobre unha desas figuras absolutamente imprescindibles do noso pasado recente. Un intento (irreverente) por comprender como chegamos até aquí da man dun político que, nas súas propias palabras, dicía as verdades sen condón. Pero ollo: por máis que o poida parecer, isto NON é un biopic sobre Manuel Fraga. Teríanos encantado facelo… pero non collía nunha soa obra!

Esther F. Carrodeguas (Rianxo, 1979)

É actriz, directora,&nbsp;<em>perfomerem>&nbsp;pero sobre todo: escritora.&nbsp;<em>Rianxeiraem>&nbsp;de pura raza, asenta o seu currículo vital entre as letras, o audiovisual e o teatro. Tamén o seu estilo cabalga sobre o espazo liminal que separa os xéneros. Graduada en Dirección e Dramaturxia pola ESAD de Galicia e Licenciada en Xornalismo entre Santiago de Compostela e Turín, os seus proxectos teatrais beben moito da súa faceta xornalística. Directora durante anos da histórica compañía galega Teatro Airiños, tras levar o Premio Abrente para textos teatrais en 2015 decide dar vida á plataforma profesional ButacaZero xunto a Xavier Castiñeira, quen adoita asumir a dirección dos proxectos comúns. Membro do consello de redacción da Revista Galga de Teatro e organizadora xunto a Santiago Cortegoso do Torneo Galego de Dramaturxia, na actualidade compaxina a súa faceta como empresaria en ButacaZero coa de ser dramaturga, directora teatral, docente ou guionista de cinema.

____

Editorial: Positivas 02-2024
Idioma: Galego