(A Coruña, 1978) Filóloga, escritora e artista plástica.Como poeta a súa obra atinxe máis de dez títulos entre os que atopar s/t, O libro das mentiras ou Antídoto. En 2017, un poema deste poemario foi considerado o Mellor Poema do Mundo e galardoado co Premio de Poesía Jovellanos.No ano 2018 gañou o Premio da Crítica Española no apartado de narrativa en galego por Bibliópatas e fobólogos (Galaxia), o Premio Xerais de novela por Besta do seu sangue e o Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño por As voces ágrafas.En 2019 gaña o Premio Jules Verne por Os corpos invisibles (Xerais). Esta novela tamén foi considerada, xunto coa autora, a mellor do ano pola revista electrónica Fervenzas Literarias e no 2020 gaña o Premio da Gala do Libro Galego ao mellor texto xuvenil. En 2021 publica Os libros que hai en min (Cuarto de Inverno). Tamén é autora de Juana de Vega, a muller que desafiou o seu tempo (Galaxia), que escribiu a catro mans con Marilar Aleixandre. Vén de publicar o poemario bilingüe Para saír deste lugar (Urutau), ao que acompaña a serie de collage do mesmo nome.Como artista plástica participa con collage nos poemarios O Elo, de Quico Valeiras (Urutau) e Círculo dentro do círculo, de Inma Doval (Urutau) e na publicación Xela Arias poeta nas marxes (O Arquivo das Trasnas) así como en portadas de libros, ou
en revistas especializadas como Cuaderno Artístico, Collage, La jirafa en llamas, entre outras.
PREMIOS
Premio de poesía Johán Carballeira no 1998, por Diario bautismal dunha anarquista morta.
Premio Faustino Rey Romero no 1999, por Corpo.
XII Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 1999, por Grimorio.
Premio Johán Carballeira no 2000, por Velenarias.
Premio de poesía Fermín Bouza Brey no 2001, por Os cadernos d'amor e os velenos.
Accésit no XI Certame de Poesía Rosalía de Castro da Casa de Galiza en Córdoba no 2001, por As posturas do día.
Premio Modesto R. Figueiredo no 2002, por Os doces devorados.
Certame Manuel Murguía de narracións breves no 2002.
Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2005, por Casa de orfas.
IX premio de poesía Novacaixagalicia no 2010, por Antítese da ruína.
XIV Certame de poesía Concello de Carral no 2011, con Libro das mentiras.
Premio de poesía Gonzalo López Abente no 2015, por S/T.
Premio Narrativas Quentes no 2016, por Corazón e demais tripas.
Premio internacional Jovellanos. El mejor poema del mundo no 2017 por "Lista da compra da viúva".
Premio de poesía Concello de Vilalba no 2017, por Antídoto.
VI Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas de Vigo en 2018, por Metamorfose.
Premio da Crítica de narrativa galega no 2018, por Bibliópatas e fobólogos.
Premio Xerais de novela en 2018, por Besta do seu sangue.
Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2018, por As voces ágrafas.
Premio Arcebispo Xoán de San Clemente por A besta do seu sangue en 2019.
Premio Jules Verne de Literatura Infantil con Os corpos invisibles en 2019.
Premio de relato de aventuras Avilés de Taramancos con Cicatrices do aire en 2020.