Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

HORAS MOLLADAS

€11,90
ISBN 9788419438829
"Horas molladas" é, para min, ante todo, un sereno libro de amor. Amor familiar, amor á terra, amor ao Cantábrico, amor polas palabras inaugurais, amor polas palabras gregas, amor pola ollada atrás e amor aos horizontes.
A memoria vai seleccionando imaxes e palabras, para abrir con elas unha mostra ampla, vigorosa e fonda.
Porque o fondo é un concepto recorrente que se ergue como protagonista da narración poética que argumenta esta obra. O fondo da aldea, o fondal da memoria, hai unha vocación de profundidade e unha beleza clara.
Prólogo de Manuel Pereira Valcárcel.

___

Editorial: Medulia 02-2024
Idioma: Galego