Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

HABITAR AS FENDAS

€12,95
ISBN

Unha reflexión sobre a vulnerabilidade propia á existencia humana.

XII Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía.

«Habitar as fendas» é unha reflexión sobre a vulnerabilidade propia á existencia humana. Interpela a quen le confrontándoo a unha violencia incómoda e ás distintas capas do sufrimento. Tece un diálogo que nace do individual e se proxecta cara ao colectivo, dando voz ás desposuídas, ás que viven nas marxes e loitan por seguir camiñando na superación do abandono e dos múltiples desencontros. A vida habita nas fendas, nesas feridas apenas cicatrizadas. A luz da resiliencia ábrese paso nos intersticios, conéctanos co presente e coas demais, nunha rede que nos sostén sobre o abismo. Ás veces, contra todo prognóstico, a luz abrolla despois de abandonar todas as nosas loitas.

Gisele Mato

Gisele Mato (Xenebra, Suíza) comezou a escribir poesía antes de rematar a primaria. Logo de retornar coa súa familia á cidade de Ourense, estudou Psicoloxía nas Universidades de Santiago de Compostela e de París, namentres escribía en blogs e magazines feministas. Na actualidade traballa no eido dos recursos humanos e é mentora de estudantes na USC e no CIXUG. Ten publicados varios manuais de habilidades para o emprego. En 2020 publicou o libro de relatos «Cuerpos ajenos». Obtivo o Premio de Poesía Pérez Parallé con «fraxilidades» (2023) e o Manuel Lueiro Rey de Poesía con «Habitar as fendas» (2024).

_____

Editorial: Xerais 05-2024

Idioma: Galego